Asento da sogra
O asento da sogra ou asento traseiro, rumble seat (inglés americano), dicky seat, dickie seat ou dickey seat (inglés británico), é un asento exterior tapizado que se abre cara a fóra da cuberta traseira cunha bisagra, era común nalgúns automóbiles de antes da segunda guerra mundial, era un asento para un ou máis pasaxeiros. Un dicionario inglés de 1899 o describe como "Un asento para os criados na parte traseira dun carro". As carrozarías de automóbiles Roadster, Cupé e Cabriolet ofrecían a opción con maleteiro ou con asento na cuberta traseira. Os modelos equipados co asento da sogra desígnanse a miúdo como cupé deportivo ou roadster deportivo.
Os pasaxeiros do asento da sogra estaban practicamente sentados á intemperie, e apenas tiñan algunha ou ningunha protección da parte superior do habitáculo. Algúns vehículos dispoñían de tapas pregables e cortinas laterais para os asentos da sogra, pero nunca alcanzaron moita popularidade. Entre os últimos vehículos de fabricación estadounidense con asento da sogra estaban o Chevrolet de 1938,[1] o Ford de 1939[2] o Dodge de 1939[3] e o Plymouth.[4]
O último coche británico construído cun asento da sogra foi o Triumph Roadster 2000 fabricado ata 1949.
Notas
editar- ↑ conceptcarz.com
- ↑ Roush Automotive Collection.
- ↑ Corporation, Chrysler. "allpar.com". allpar.com. Consultado o 2011-11-20.
- ↑ Benjaminson, Jim (1930-04-08). "allpar.com". allpar.com. Consultado o 2011-11-20.