Asaph Hall
Asaph Hall, nado en Goshen, Connecticut, o 15 de outubro de 1829 e finado en Maryland o 22 de novembro de 1907, foi un astrónomo estadounidense.
![]() (1899) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de outubro de 1829 ![]() Goshen, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Morte | 22 de novembro de 1907 ![]() Annapolis, Estados Unidos de América ![]() |
Lugar de sepultura | Goshen (pt) ![]() ![]() |
Educación | New-York Central College, McGrawville (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Astronomía ![]() |
Ocupación | astrónomo, matemático, carpinteiro ![]() |
Empregador | Universidade Harvard Old Naval Observatory (en) ![]() ![]() |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Angeline Stickney (1856–1892) ![]() |
Fillos | Asaph Hall Jr., Percival Hall ![]() |
Pai | Asaph Hall II ![]() |
Premios | |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Холл Асаф) Enciclopedia de Otto, (vol:10, p.794) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron ![]() |
![]() ![]() ![]() |
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/6/6e/HallPortrait.jpg/220px-HallPortrait.jpg)
Traxectoria
editarTivo unha escasa formación académica, xa que á morte de seu pai tivo que traballar como carpinteiro para axudar a súa nai, e foi un autodidacta, aprendendo pola súa propia conta. En 1857 entrou a traballar como axudante do astrónomo William Cranch Bond no Observatorio de Harvard (Harvard College Observatory): posuía un soldo de doce dólares mensuais.
No 1856 casou coa matemática Angeline Stickney (1830-1892), que o axudaba no seu traballo.
Logo de efectuar numerosas observacións, aprender técnicas astronómicas e mellorar os seus coñecemento, en 1863 foi nomeado director do Observatorio Naval de Washington (USNO), onde descubriu as dúas satélites de Marte en agosto de 1877, Deimos e Fobos, co grande refractor de 66 cm de dito observatorio, obra do óptico compatriota Alvan Clark. Antes descubrira o período de rotación de Saturno. No 1895 ocuparía o posto de profesor de astronomía na Universidade Harvard.
Un dos maiores cráteres de Fobos chámase Hall, na honra deste astronómo; Stickney, nomeado así pola súa dona, é o maior e máis profundo da lúa.
Tivo catro fillos: Asaph Jr., Samuel, Angel e Percival; só o primeiro (Asaph Hall Jr.) se faría astrónomo, realizando numerosos traballos sobre o tema.
Publicacións
editar- Nebulae in the Pleiades, (1886), Astronomische Nachrichten, volume 114, p. 167.
- Observations on Mars, (1888), Astronomical Journal, vol. 8, iss. 181, p. 98-98.
- Observations of Mars, 1892, (1893), Astronomical Journal, vol. 12, iss. 288, p. 185-188.
- The orbit of the satellite of Neptune, (1898), Astronomical Journal, vol. 19, iss. 441, p. 65-66.
- Motion of the perihelion of Mercury, (1900), Astronomical Journal, vol. 20, iss. 479, p. 185-186.
- The differential equations of disturbed elliptic motion, (1906), Astronomical Journal, vol. 25, iss. 586, p. 77-79.
Fonte
editar- Historia del Telescopio, Isaac Asimov, Alianza Editorial (1986).
- Buscador NASA ADS (traballos, artigos e publicacións)[1].
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Verbas sobre Asaph Hall Arquivado 29 de setembro de 2006 en Wayback Machine. (en inglés)