As fabas na cultura popular galega
Chuvia na semana da Ascensión, nin boa faba, nin bo melón [ 1] [ 2] .
En cada casa cocen fabas, e na miña caldeiradas [ 3]
Nena, viña, pereira e fabal son malos de gardar [ 4] .
Polo san Sebastián coida o teu fabal .
Por San Martiño, nin faba, nin liño .
Por san Martiño, nin fabas nin viño .
Por San Martiño, non sementes fabas nin liño [ 5] .
Por Santa Erea, toma os bois e semea; por San Martiño, nin fabas nin liño [ 6] .
Viña, pereira, e fabal, malos son de gardar [ 7] .
Ai, miña nai, que caldo me ten./ Ai, miña filla, sábeche ben;/ verciñas poucas, fabiñas catro,/ carniña tanta coma a lengoa dun gato [ 8] .
Do outro lado do río/ sementei unhas fabiñas;/ vivan os amores novos/ i os vellos torzan as liñas [ 9] .
Dúrmete, meu neno, durme,/ que eu teño que faguere:/ ir por unha ola de auga,/ pór as fabas a cocere [ 10] .
Maruxiña, Maruxiña,/ cariña de repinaldo,/ o día que te non vexo/ non boto fabas ó caldo [ 11] .
No alto de aquile monte/ deille a volta ao meu capote;/ acordáronseme as mozas/ e mailas fabas do pote [ 12] .
Pasei a Ponte de Ourense,/ queridiña, por te ver,/ o día que te non vexo/ non boto fabas ao pote [ 13] .
Sementei tirabeques,/ nacéronme fabas;/ as meniñas desta terra andan todas preñadas [ 14] .
↑ Marcial Valladares Núñez (1884). No orixinal: n’a, d’Ascension, melon .
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. chuvia .
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. cocer .
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. neno .
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. San Martiño .
↑ Santa Irea ou Erea, 18 de setembro; San Martiño, 11 de novembro.
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. viña.
↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 33. No orixinal: berciñas, de un gato .
↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 72. Torcer as liñas é rematar un labor, de tecer ou de coser; dise que está torcendo as liñas a muller que está coas dores do parto.
↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 73.
↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 95. Chámase repinaldo a unha variedade de mazá de forma alargada.
↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 108.
↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 129. No orixinal: paséi .
↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 144.