As crónicas de Spiderwick
Filme de 2008 dirixido por Mark Waters
As crónicas de Spiderwick (en inglés: The Spiderwick Chronicles) é un filme estadounidense de aventuras e fantasía que se estreou no 2009. É unha adaptación da serie homónima de libros de Holly Black e Tony DiTerlizzi. A historia céntrase nas aventuras de Jared Grace e a súa familia cando descobren unha guía de campo de fadas, trasnos, troles e outras criaturas máxicas. Foi dirixido por Mark Waters e está protagonizado por Freddie Highmore, Sarah Bolger, Mary-Louise Parker, Martin Short, Nick Nolte e Seth Rogen. Estreouse en galego a través da TVG o 14 de abril de 2012.[3]
As crónicas de Spiderwick | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Spiderwick Chronicles |
Director | Mark Waters |
Produtor | Mark Canton Larry Franco Ellen Goldsmith-Vein Karey Kirkpatrick |
Guión | Karey Kirkpatrick David Berenbaum John Sayles |
Baseado en | The Spiderwick Chronicles de Tony DiTerlizzi e Holly Black |
Intérpretes | Freddie Highmore Sarah Bolger Mary-Louise Parker Nick Nolte Joan Plowright David Strathairn |
Música | James Horner |
Fotografía | Caleb Deschanel |
Montaxe | Michael Kahn |
Estudio | Nickelodeon Movies Kennedy/Marshall Atmosphere Pictures |
Distribuidora | Paramount Pictures |
Estrea | Festival de Venecia: 8 de setembro de 2009 14 de abril de 2012 (TVG) |
Duración | 95 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Fantasía |
Orzamento | $90 000 000[2] |
Recadación | $162 839 667[2] |
Na rede | |
http://www.spiderwickchronicles.com/ | |
Personaxes
editar- Freddie Highmore como Jared Grace e Simon Grace
- Sarah Bolger como Mallory Grace
- Mary-Louise Parker como Helen Grace
- Nick Nolte como Mulgarath/Redcap
- Andrew McCarthy como Richard Grace
- Joan Plowright como Tía Lucinda Spiderwick
- Jordy Benattar como Lucinda Spiderwick de nena
- David Strathairn como Arthur Spiderwick
- Seth Rogen como Hogsqueal
- Martin Short como Thimbletack
- Tod Fennell como Compañeiro de traballo de Helen
Notas
editar- ↑ British Board of Film Classification, ed. (18 de decembro de 2007). "THE SPIDERWICK CHRONICLES (PG)". Consultado o 19 de xaneiro de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 Box Office Mojo (ed.). "The Spiderwick Chronicles (2008)". Consultado o 17 de febreiro de 2008.
- ↑ "As crónicas de Spiderwick na TVG". Diario Siglo XXI. 13 de abril de 2012. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2015. Consultado o 30 de setembro de 2015.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- As crónicas de Spiderwick na IMDb (en inglés).
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)