Arturo Salgado
Arturo Salgado Biempica, nado en Lobeira o 6 de xullo de 1882 e finado en Segovia o 16 de abril de 1937, foi un avogado e político galego.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de xullo de 1882 ![]() Lobeira, España ![]() |
Morte | 16 de abril de 1937 ![]() Segovia, España ![]() |
![]() | |
10 de outubro de 1927 – 15 de febreiro de 1930 | |
![]() | |
10 de decembro de 1924 – – Emilio Amor Rolán → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político ![]() |
Partido político | Unión Patriótica Renovación Española ![]() |
Familia | |
Irmáns | Manuel Salgado Biempica ![]() |
Parentes | Valentín Lamas Carvajal ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarEra o fillo máis novo de Constantino Salgado Monasterio. Desde 1901 dedicouse a traballos mercantís e ao xornalismo fundando o semanario Ecos de Orense. Foi un dos impulsores do Círculo Católico de Obreros de Orense e fundador do Monte de Piedad y Caja de Ahorros de Orense. Foi presidente do Comité maurista de Ourense. Na ditadura de Primo de Rivera foi vicepresidente da Deputación de Ourense, gobernador civil de Murcia (1924-1927), xefe provincial da Unión Patriótica de Ourense e delegado rexio para a represión do contrabando. Representante das organizacións provinciais da Unión Patriótica de Ourense na Asemblea Nacional Consultiva en 1927. Amigo e colaborador de José Calvo Sotelo (do que chegou a ser secretario particular), foi nomeado por este subdirector de CAMPSA en 1928. Durante a Segunda República seguiu colaborando con Calvo Sotelo e foi secretario do Bloque Nacional. Finou en Segovia o 16 de abril de 1937.[1]
Vida persoal
editarCasou con Rosina Lamas, filla de Valentín Lamas Carvajal.
Notas
editar- ↑ La Región, 18-4-1937, p. 2.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 220.