Arturo Gallego Cruces
Arturo R. Gallego Cruces, nado en Luou (Teo) o 14 de maio de 1898,[1] foi un mestre, escritor e político galego.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de maio de 1898 ![]() Luou, España ![]() |
Morte | século XX ![]() valor descoñecido ![]() |
![]() | |
1925 – 1929 ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | mestre, escritor, político ![]() |
Traxectoria
editarFillo de José Gallego Montes.[2] Foi mestre en Luou e dende 1920 en Parderrubias. Colaborou con artigos e relatos en El Correo de Galicia, El Compostelano, Vida Gallega e Eco de Galicia. En 1919 publicou o conto en galego "O fillo do Zoqueiro" en El Correo de Galicia. Durante a ditadura de Primo de Rivera foi concelleiro de Salceda de Caselas e primeiro tenente alcalde. Logo da dimisión do alcalde Vicente Jiménez Guisado, foi nomeado alcalde en novembro de 1925.[3] Na República foi presidente do Comité local do Partido Radical.[4] En 1945 seguía sendo mestre[5].
Predecesor: Vicente Jiménez Guisado |
Alcalde de Salceda de Caselas 1925 - 1929 |
Sucesor: ? |
Vida persoal
editarCasou en Parderrubias con Gabina Barros Fandiño en decembro de 1921.[6]
Notas
editar- ↑ Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933.
- ↑ El Noticiero Gallego, 4-12-1929, p. 2.
- ↑ El Uma, 24-11-1925, p. 4.
- ↑ El Pueblo Gallego, 15-8-1934, p. 10.
- ↑ "Del Magisterio". El Correo Gallego. 18 de abril de 1945.
- ↑ El Compostelano, 31-12-1921, p. 2.