Artigos da Confederación
Os Artigos da Confederación e a Unión Perpetua, coñecidos como os Artigos da Confederación, constituíron o primeiro documento de goberno dos Estados Unidos de América. Foron aprobadas polo segundo Congreso Continental o 15 de novembro de 1777, logo de varios meses de debate. Foi unha directriz non obrigatoria ata a súa ratificación catro anos despois, o 1 de marzo de 1781. Os Artigos da Confederación son considerados un dos catro documentos fundadores da nación norteamericana.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/b/b4/Articles_page1.jpg/220px-Articles_page1.jpg)
Os Artigos formaron unha confederación débil que unía ás Trece Colonias británicas norteamericanas, coa capacidade de gobernarse case soamente en tempos de guerra e urxencias. Tras o fin da Guerra de Independencia e o comezo de novas prioridades, as súas limitacións fixéronse evidentes. Este documento foi substituído pola Constitución dos Estados Unidos de América logo da súa ratificación o 21 de xuño de 1788.
Ratificación dos Artigos da Confederación
editarO Congreso buscou a ratificación dos Artigos que aprobara desde 1777, para que cada estado "o revisar candidamente baixo a perspectiva da dificultade de combinar nun sistema xeral os diversos sentimentos e intereses dun continente dividido en tantas comunidades soberanas e independentes, e baixo a convicción da necesidade absoluta de unir tódolos nosos consellos e toda a nosa forza para manter e defender as nosas liberdades comúns..."[1]
Este documento, con todo, non sería efectivo sen a ratificación dos trece estados. O primeiro estado en ratificalo foi Carolina do Sur, o 5 de febreiro de 1778. O proceso alargouse 3 anos máis xa que algúns estados negábanse a renunciar ás súas reclamacións territoriais cara ao oeste. Maryland foi o último estado en facelo, xa que se negaba a unirse se Virxinia e Nova York non renunciaban ás súas reclamacións territoriais do val do río Ohio. Finalmente, Maryland ratificou o documento o 1 de marzo de 1781.
Os Artigos
editarO documento consistía en 12 artigos, unha conclusión e unha sección para as firmas.
- Establece o nome da confederación como "Os Estados Unidos de América".
- Explica os dereitos de cada un dos estados e o poder do que gozan.
- Establece os Estados Unidos como unha liga de estados unidos para "... a súa defensa mutua, a seguridade das súas liberdades e o seu benestar mutuo e xeral, enlazándoos para darse apoio o un ao outro e contra toda forza ... e ataques deles..."
- Establece a liberdade de movemento: todo o mundo é libre de transitar polos estados, salvo os "indixentes, vagabundos e fuxitivos da xustiza". Tódalas persoas gozan dos dereitos que lles outorgue cada estado en que se atopen. Se se comete un delito nun estado e o autor foxe cara a outro estado, será extraditado e será xulgado no estado onde se cometeu o delito.
- Asigna un voto no Congreso da Confederación (chamado "Estados Unidos Reunidos en Congreso") a cada estado e unha delegación entre dous e sete membros. Os membros do Congreso eran designados polos órganos lexislativos locais; os membros non podían ocupar o cargo por máis de tres de cada seis anos.
- Limita os poderes do goberno central a dirixir as relacións exteriores e declarar a guerra.
- Se un exército créase para defender a Confederación, os coroneis e os rangos militares baixo o coronel serán nomeados polos congresos locais.
- Os gastos dos Estados Unidos serán financiados con fondos recadados polos congresos locais de acordo co valor das súas propiedades.
- Define os dereitos do goberno central: declarar a guerra, establecer os pesos e medidas (incluíndo as moedas) e autoriza ao Congreso a ser o árbitro final para calquera disputa entre os estados membros.
- Define un Comité de Estados para gobernar cando o Congreso non se atope en sesión.
- Reafirma que a Confederación acepta a débeda de guerra do Congreso antes da promulgación dos artigos.
- Declara que os artigos son perpetuos e que só poden alterarse coa aprobación do Congreso e a ratificación de tódolos órganos lexislativos locais.
Xa que aínda continuaba a guerra contra Gran Bretaña, os colonos non querían establecer outro goberno nacional poderoso. Co celo de protexer a súa nova independencia, o Congreso Continental creou unha estrutura unicameral débil que protexía a liberdade dos estados membros. Aínda que o Congreso regulaba os asuntos monetarios e militares, os Artigos non deseñaran ningún mecanismo para asegurarse de que cada estado cumprise coas tropas e o diñeiro que se necesitase. Iso debilitaba ao exército, como foi o caso en 1781 e que George Washington faría patente nunha carta ao gobernador de Massachusetts, John Hancock.
Función
editarOs Artigos daban apoio ao Exército Continental e permitían que os trece estados formasen unha fronte de unión ante os poderes europeos. Con todo, como ferramenta para construír un goberno efectivo en tempos de guerra, foi un fracaso. O Congreso podía tomar decisións, pero non tiña o poder para aplicalas. Quizais, o maior contratempo foi o requisito de aprobación unánime dos 13 estados para modificar os artigos. Ao mesmo tempo, o poder máis importante que lle faltaba ao Congreso era o poder de cobrar impostos: só podía solicitar diñeiro dos estados. Estes, pola súa banda non sempre cumprían coas demandas e o Congreso non contaba cos fondos necesarios para a súa operación. Os estados e o Congreso endebedáronse durante a guerra, e o pago destas era un asunto de importancia nacional.
No entanto, o Congreso Continental tomou dúas accións moi importantes. A Ordenanza de Terra de 1785 estableceu as provisións da terra que se utilizarían durante a expansión posterior do país. A Ordenanza de 1787 fixo oficial a renuncia dos trece estados orixinais das terras do oeste e, ao mesmo tempo, permitiu a entrada de novos estados á confederación.
Axiña que como a unidade que demandaba a Guerra de Independencia fíxose innecesaria, o Exército Continental disolveuse, aínda que se conservou unha forza moi pequena para protexer os fortes e defender aos estados dos ataques dos amerindios. No entanto, cada estado tiña o seu propio exército e 11 dos 13 estados tiñan unha mariña. As promesas de riqueza e de outorgamento de terras que se farían durante a guerra cumpríronse. En 1783, Washington tranquilizou a conspiración de Newburgh, pero os disturbios dos veteranos de Pensilvania que non recibiran os seus pagos forzaron ao Congreso a marchar de Filadelfia o 21 de xuño.
Revisión
editarEn maio de 1786, Charles Pinckne, de Carolina do Sur, propuxo que o Congreso revisase os Artigos da Confederación. Algúns dos cambios que recomendaba eran outorgar ao Congreso o poder para regular o comercio interior e exterior e prover unha estrutura de financiamento para recadar diñeiro das tesourerías estatais. No entanto, requiríase a aprobación unánime, e naquela ocasión non chegaron a ningún consenso.
En setembro, cinco estados reuníronse na Convención de Annapolis (1786) para discutir sobre os axustes para mellorar o comercio. O director, Alexander Hamilton, invitou aos representantes dos estados a unha convención en Filadelfia para discutir sobre as melloras no goberno federal. Logo de debater, o Congreso presentou o seu plan de revisar os Artigos da Confederación o 21 de febreiro de 1787.
Segundo os termos da modificación, os Artigos serían vixentes ata 1790, ata que cada un dos 13 estados ratificase a nova Constitución. O 28 de setembro de 1787, o Congreso enviou a Constitución aos estados para a súa ratificación. O 2 de xullo de 1788, o Congreso anunciou formalmente a ratificación da Constitución, logo da ratificación do noveno estado, Nova Hampshire, o 21 de xuño de 1788. Finalmente, o 1 de abril de 1789 reuniuse por primeira vez a Cámara de Representantes.
Presidentes do Congreso
editarA lista seguinte é dos presidentes do Congreso da Confederación logo da promulgación dos Artigos da Constitución e que ostentaron o cargo de "Presidente dos Estados Unidos no Congreso Reunido". O presidente non era, con todo, o xefe do executivo, como o sería despois o Presidente dos Estados Unidos baixo a Constitución.
Notas
editar- ↑ [1]. 17 de novembro de 1777, Journals of the Continental Congress, 1774-1789. A Century of Lawmaking 1774-1873