Articulacións intermetacarpais
As articulacións intermetacarpais son un conxunto de articulacións do membro superior humano, que artellan os ósos metacarpianos entre si. Unen o segundo, terceiro, cuarto e quinto metacarpianos a través de pequenas articulacións, cubertas de cartilaxe e reforzadas por ligamentos anteriores, posteriores e interóseos.
- Os ligamentos dorsais ou posteriores e os palmares ou anteriores discorren entre os distintos metacarpianos, reforzando as superficies dorsais e palmares respectivamente.
- Os ligamentos interóseos conectan superficies óseas entre si.
Articulacións intermetacarpais | |
---|---|
![]() | |
Ligamentos e articulacións do pulso. | |
Latín | articulationes intermetacarpales |
Gray's | pág.330 |
A membrana sinovial destas articulacións continúase coa propia das articulacións carpometacarpianas.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.