Articulación radiocubital inferior
A articulación radiocubital inferior ou distal é unha articulación do membro superior humano, pertencente ao antebrazo. A diferenza coa superior non forma parte do cóbado.
Superficies articulares
editarComa na superior, fórmana o radio e o cúbito. Artéllanse mediante unha superficie articular en cada epífise distal de cada óso, por dentro no radio e por fóra no cúbito. Pódese atopar unha cartilaxe entre ambas superficies, que evita o rozamento directo de ambos ósos.
Ligamentos de reforzo
editarA cartilaxe articular emite febras cara ao radio, ao cal queda ancorado. Tamén emite febras cara ao carpo, poñéndose en contacto coa articulación do pulso. Diferenciánse dous ligamentos importantes, o ligamento radiocubital anterior e o ligamento radiocubital posterior. Entre estes dous ligamentos e outras febras, fórmase o complexo ligamentoso triangular do carpo.
Función
editarFacilita os movementos de pronación e supinación, nos que o radio se sitúa por enriba do cúbito. Ten unha mobilidade reducida.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en castelán)