Articulación carpometacarpal do dedo polgar
A articulación carpometacarpal é unha articulación do membro superior humano, que artella o carpo co metacarpo. Existen cinco articulacións carpometacarpais en cada man.
Articulación carpometacarpal do dedo polgar | |
---|---|
![]() | |
Ligamentos do pulso, vista posterior | |
Latín | articulationes carpometacarpeæ |
Gray's | pág.328 |
A articulación entre o primeiro óso metacarpiano e o óso trapecio é lixeiramente diferente ao resto, para permitir unha meirande mobilidade a este dedo.
Ligamentos
editarAs articulacións carpometacarpais están reforzadas por varios ligamentos:
Ligamento cruzado anterior oblicuo
editarÉ un ligamento groso, forte e extracapsular, que se estende entre o tubérculo maior do óso trapecio e o tubérculo maior do primeiro óso metacarpiano. Ténsase en abdución, extensión e pronación.
Ligamento colateral cubital
editarOrixínase no retináculo flexor do pulso e se insire no tubérculo maior do primeiro óso metacarpiano.
Ligamento intermetacarpal primario
editarInsírese entre as bases do primeiro óso metacarpiano e o segundo óso metacarpiano.
Ligamento oblicuo posterior
editarInsírese no tubérculo do óso trapecio e o primeiro óso metacarpiano.
Ligamento dorsorradial
editarDiscorre entre o óso trapecio e o primeiro óso metacarpiano.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.