A arte celta é a arte asociada cos pobos coñecidos como celtas; aqueles que falaban linguas celtas en Europa dende o período da prehistoria ata a Idade Moderna, así como a arte de pobos antigos, cuxa lingua é incerta, pero que teñen semellanzas culturais e de estilo cos falantes de linguas celtas.

Parte posterior dun espello de bronce britano, entre o 50 a. C. e o 50 d. C., exemplo do tema decorativo en espiral do estilo insular de La Tène.
Cruz de Muiredach, Irlanda, século X.

A arte celta é un termo difícil de definir, abarcando unha extensión enorme dende o punto de vista da xeografía, do tempo e das culturas. Comeza coa continuidade artística en Europa a partir da Idade de Bronce, e de feito a anterior etapa do Neolítico. Con todo, os arqueólogos xeralmente usan a denominación "celta" para referirse á cultura do Idade de Ferro a partir do ano 1000 a. C. en diante, até a conquista polo Imperio Romano da maior parte do territorio en cuestión, e os historiadores de arte tipicamente comezan a falar sobre "arte celta" só a partir do período de La Tène (entre o século V e o I a. C.).[1] A "arte celta antiga" é outro termo usado para este período, estendéndose en Gran Bretaña ata aproximadamente o 150 a. C.[2] A arte da Alta Idade Media de Bretaña e Irlanda, que produciu o Libro de Kells e outras obras mestras, é chamado arte insular na historia da arte.

  1. Megaws, for example; see their introductory section, where they explain the situation & that their article will only cover the La Tène period.
  2. Technologies of Enchantment: Early Celtic Art in Britain Arquivado 04 de agosto de 2012 en Wayback Machine., British Museum

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar