Arquidiocese católica latina de Osaca
A arquidiocese de Osaca (en latín Archidioecesis Osakensis) é unha sé metropolitana da Igrexa Católica. En 2004 contaba con 55.732 bautizados sobre unha poboación total de 15 502 027 habitantes. Actualmente está dirixida polo arcebispo xesuíta Leo Jun Ikenaga.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Poboación | |||||
Poboación | 15.242.067 (2019) ![]() | ||||
Lingua usada | lingua xaponesa ![]() | ||||
Relixión | catolicismo ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 15.031 km² ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 15 de agosto de 2023 ![]() | ||||
Catedral | Grand Cathedral of the Virgin Mary of Osaka (en) ![]() ![]() | ||||
Sitio web | osaka.catholic.jp ![]() |
Territorio
editarA arquidiocese comprende a prefectura de Osaca, a de Hyōgo e a de Wakayama, e ten o territorio dividido en 77 parroquias. A sé arcebispal está na cidade de Osaca, onde está a catedral da Inmaculada Concepción.
Historia
editarA vigairía apostólica do Xapón central foi erixida o 20 de marzo de 1888, en territorios da vigairía apostólica do Xapón meridional (hoxe a arquidiocese de Nagasaki). O 15 de xuño de 1891 polo breve apostólico Non maius Nobis de León XIII foi elevada a diocese, e mudou o seu nome polo de "diocese de Osaca". O 24 de xuño de 1969 foi elevada a arquidiocese metropolitana coa bula Quamquam Ecclesiae do papa Paulo VI.
Episcopoloxio
editar- Félix-Nicolas-Joseph Midon, M.E.P. (23 de marzo de 1888 - 12 de abril de 1893, finado)
- Henri-Caprais Vasselon, M.E.P. (18 de agosto de 1893 - 7 de marzo de 1896, finado)
- Jules-Auguste Chatron, M.E.P. (22 de xullo de 1896 - 7 de maio de 1917, finado)
- Jean-Baptiste Castanier, M.E.P. (6 de xullo de 1918 - 3 de decembro de 1940, retirado)
- Paul Yoshigoro Taguchi (25 de novembro de 1941 - 23 de febreiro de 1978, finado)
- Paul Hisao Yasuda (15 de novembro de 1978 - 10 de maio de 1997, retirado)
- Leo Jun Ikenaga, S.I., (10 de maio de 1997 - actualidade)