Arqueocetos
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Arqueocetos Rango fósil: eoceno - oligoceno | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Grupo de Basilosaurus | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Familias | |||||||||||||
|
A dos arqueocetos (Archaeoceti) é unha suborde (parafilética) de mamíferos cetáceos da que evolucionaron os cetáceos modernos (ou neocetos).
Os membros máis antigos deste grupo, como Pakicetus, tiñan catro patas e eran animais terrestres.
Orixe e características
editarBaseándose en características dos dentes, creuse que os arqueocetos evolucionaron a partir dos Mesonychia (orde extinguida de mamíferos ungulados carnívoros). Porén, estudos recentes baseados en datos moleculares e morfoloxía non dental mostraron que as primeiras baleas evolucionaron probabelmente a partir dos artiodáctilos (talvez teñan un afastado antepasado común coa familia dos hipopotámidos, que inclúe os actuais hipopótamos).
Os antepasados dos arqueocetos probabelmente diverxeron dos artiodáctilos a fináis do cretáceo ou principios do paleoceno.
A maioría dos arqueocetos tiñan patas posteriores, a diferenza dos cetáceos actuais. Os primeiros arqueocetos foron seguramente animais completamente terrestres. Ao longo do eoceno foron facéndose menos terrestres e máis acuáticos e, ao final de dito período os últimos arqueocetos (basilosáuridos) deron orixe aos cetáceos modernos.
Os arqueocetos sobreviviron á extinción masiva do eoceno-oligoceno, pero sufriron unha gran perda de xéneros.
No oligoceno eran, pois, menos abundantes que no eoceno; os últimos arqueocetos (Basilosauridae) se extinguiron no mioceno, seguramente pola competencia cos odontocetos e as novas especies de tiburóns que apareceron nesta época, como o Megalodon. Outra explicación para a súa extinción podería acharse no cambio climático ocirrido durante o mioceno, cando os océanos arrefriaron notabelmente. Talvez foi unha combinación dos dous factores (competencia e clima) o que levou á extinción aos arqueocetos.
Taxonomía
editarDescrición
editarA suborde foi descrita en 1883 polo zoólogo británico, especializado en anatomía comparada, William Henry Flower.
Etimoloxía
editaro nome científico Archaeoceti está formado polos elementos do latín científico Archaeo-, tirado do grego antigo ἀρχαῖος archĩos, 'antigo', e -ceti, do latín cetus, 'grande animal mariño', que á súa vez deriva do grego antigo κήτος kḗtos, 'monstro mariño'.
Clasificación
editarOs arqueocetos inclúen as seguintes familias:[1]
Suborde Archaeoceti
- Familia Pakicetidae
- Familia Ambulocetidae
- Familia Remingtonocetidae[2]
- Familia Protocetidae
- Familia Basilosauridae
Filoxenia
editarCetartiodactyla |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Notas
editar- ↑ Mikko's Phylogeny Archive - Archaeoceti
- ↑ "Neucom". Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2011. Consultado o 01 de agosto de 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arqueocetos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Arqueocetos |
Ligazóns externas
editar- Archaeoceti Arquivado 10 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Tree of Life.
- Archaeoceti