Armando Corbalán
Armando Corbalán Domingo, nado en Valencia o 30 de marzo de 1994, é un futbolista español, que xoga como centrocampista no Sestao River, da Primeira División RFEF.
Nome orixinal | Armando Corbalán Domingo |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 30 de marzo de 1994 ![]() Valencia, España ![]() |
Altura | 1,79 m. |
Actividade | |
Ocupación | futbolista ![]() |
Deporte | fútbol ![]() |
Posición de xogo | Centrocampista |
Traxectoria
editarFormouse como futbolista na canteira do Levante,[1] debutando co Levante B na Segunda División B na tempada 2013/14. Despois de dúas tempadas no filial, pasou polo Tenerife B, antes de regresar en 2016 á súa cidade natal, onde foi fichado polo Valencia Mestalla.[2] Con todo, non chegou a debutar co filial valencianista, sendo cedido ao Castellón, de Terceira, e logo ao Sestao River, de Segunda B.[3]
En 2017 recalou en Galicia, onde vestiu as camisetas do Cerceda e do Rápido de Bouzas, sendo titular indiscutible en ambos pero vivindo senllos descensos a Terceira.[4] Continuou en Segunda B nas filas do Haro e máis tarde do Algeciras, antes de pasar á nova Primeira División RFEF, categoría na que xogou co UCAM Murcia, Sabadell e Sestao River.[5]
Notas
editar- ↑ "El UCAM CF ficha al centrocampista Armando Corbalán para competir en Primera RFEF" (en castelán). 28 de xuño de 2021. Consultado o 14 de decembro de 2023.
- ↑ "El Valencia CF incorpora a Julian Salas para expandir su marca en América" (en castelán). 17 de xuño de 2016. Consultado o 14 de decembro de 2023.
- ↑ "Oficial: Sestao River, llega cedido Armando Corbalán" (en castelán). 26 de xaneiro de 2017. Consultado o 14 de decembro de 2023.
- ↑ "Potencia para el centro del campo del Rápido de Bouzas". Faro de Vigo (en castelán). 5 de agosto de 2018. Consultado o 14 de decembro de 2023.
- ↑ "Armando Corbalán, nuevo jugador del Sestao River Club" (en castelán). 11 de agosto de 2023. Consultado o 14 de decembro de 2023.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos do xogador en LaPreferente.com (en castelán)