Aristipo de Cirene
Arístipo, nado en Cirene no 435 a. C. e finado no 350 a. C., foi un filósofo grego, fundador da escola cirenaica que identificaba o ben co pracer.
Nome orixinal | (el) Ἀρίστιππος |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 435 a. C. Cirene, Libia |
Morte | 355 a. C. (79/80 anos) Cirene, Libia |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía |
Ocupación | filósofo |
Período de tempo | Período helenístico |
Movemento | Cirenaicos |
Profesores | Sócrates |
Alumnos | Areta de Cirene (pt) e Antípatro de Cirene (pt) |
Influencias | |
Familia | |
Fillos | Areta de Cirene |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Encyclopedic Lexicon (en) Encyclopædia Britannica |
Traxectoria
editarAtraído pola fama de Sócrates, foino buscar e fíxose discípulo seu. Morto este, volveu á súa patria, onde nos últimos anos da súa vida ensinou filosofía para sobrevivir. Foi o fundador da escola cirenaica, propugnadora do hedonismo.
Filosofía
editarAs súas ideas, algo semellantes no punto de partida coas socráticas, diverxen delas notablemente no fondo. Partindo do dito de Protágoras de que "o home é a medida de todas as cousas", empezou por desprezar a dialéctica e dar importancia só á ciencia positiva. Defendeu o nominalismo e o sensismo, ao igual que Antístenes, pero diferenciándose radicalmente del pola súa ética. A felicidade para Aristipo consiste no pracer; a maior pracer, maior felicidade; e, como o pracer máis intenso é o sensible, este é o que hai que perseguir. Dentro do pracer sensible só interesa o pracer presente (parón páthos), sen que teñamos que preocuparnos polo futuro, xa que este é incerto. A frónese, a prudencia, é a que guía na procura do pracer, para saber elixir o máis axeitado; pero o home non debe ser dominado polo pracer, senón dominalo (no que hai unha certa temperación do hedonismo) (Dióxenes Laercio, XI,65104).
Desexa que o home sexa sempre superior aos seus instintos básicos e así o seu pracer combínase cunha relativa liberdade de espírito. Tal superioridade prodúcea a cultura da intelixencia. Nese punto aproximábase a Sócrates, que consideraba tamén a ciencia como condición indispensable para a humana felicidade. Pero Arístipo reducía toda a ciencia e as súas vantaxes ao dominio do sentimento individual. A virtude, polo tanto, non era para el máis que a moderación na fruición, pero moderación interesada, para que non se esgote a fonte do pracer.
Coa intelixencia cultivada distinguía os praceres sensuais dos intelectuais, os puros dos que levan mestura, os egoístas dos desinteresados.
Arístipo é o primeiro filósofo da serie dos hedonistas, cuxa escola proseguen en certo modo Epicuro, Hobbes, Locke, Hume, Bentham, Stuart Milll e Spencer.
Obras
editarSegundo Dióxenes Laercio, escribiu multitude de obras, moitas de carácter frívolo e alleas ao campo da filosofía. Ningunha delas subsiste. Consérvanse catro Cartas apócrifas baixo o seu nome.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Watson, Hedonistic theories from Aristippus to Spencer (Glasgow, 1895)
- Mentzii, Aristippus philisophus socraticus (Halle, 1719)
- Wieland, Aristipo (Leipzig, 1800)
- Kunhardt, De aristippi philosophi morali (Helmst, 1796)
Ligazóns externas
editar- Dióxenes Laercio: Vidas, opinións e sentenzas dos filósofos máis ilustres, II, 65 - 104 (Arístipo).
- Texto español na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.
- Texto español en Wikisource.
- Texto grego en Wikisource.