Ariarico
Ariarico (latín: Ariaricus) ou Ariaco (latín: Ariacus) foi o primeiro xefe (xuíz) tervingo cuxa existencia está historicamente confirmada e que aparece noutras fontes independentes dos Getica de Xordanes, sendo ás veces considerado o primeiro xefe coñecido.[1]
Nome orixinal | (la) Ariacus |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século III |
Morte | Despois de 333 |
Xuíz dos Tervingi | |
291 – 332 – Aorico → | |
Actividade | |
Ocupación | Xefe tribal |
Familia | |
Familia | Baltingos |
Fillos | Aorico |
Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft |
Traxectoria
editarSegundo informan as fontes, na década de 320 os tervingos dominaban o Baixo Danubio. Como resultado do seu apoio militar a Licinio (reinado 308–324) durante as guerras civís da Tetrarquía, en 328 o emperador Constantino o Grande (reinado 306–337) ordenou a construción dunha ponte sobre o río e fortes ao longo do seu curso,[2] especialmente nas rexións de Oltenia e Valaquia.[3] Esta presión romana obrigou á migración dos tervingos e taifales ao Tisza, entón unha zona controlada polos sármatas. Estes últimos solicitaron, á súa vez, axuda ao imperio e o César Constantino II (reinado 317–340) foi enviado a unha campaña no inverno de 332 que conseguiu expulsalos de volta ao Baixo Danubio.[4] Segundo se informa, esta campaña provocou a morte de aproximadamente 100.000 persoas debido ao clima e á falta de alimentos.[3]
Ese mesmo ano, 332, Constantino e Ariarico acordaron un pacto (foedus) polo cal os tervingos debían pagar un tributo ao imperio e proporcionar recrutas ao exército imperial; moitos destes recrutas foron dirixidos a Oriente para loitar contra o Imperio Sasánida. O fillo de Ariarico, Aorico,pata garanti-lo acordo de paz, foi entregado como refén e educado en Constantinopla..[5][6] Ariarico, segundo Getica, foi substituído por Xeberico.[7]
Notas
editar- ↑ Wolfram (1990), p. 61.
- ↑ Cameron (1998), p. 497.
- ↑ 3,0 3,1 Lenski (2002), p. 120.
- ↑ Heather (2011), p. 108.
- ↑ Hinds (2009), p. 19.
- ↑ Geary (2003), p. 87.
- ↑ "JORDANES. THE ORIGIN AND DEEDS OF THE GOTHS, XXIII, 113-116". people.ucalgary.ca (en inglés). (tradución de Charles C. Mierow). 22 de abril de 1997. Consultado o 26 de setembro de 2022.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Cameron, Averil; Garnsey, Peter (1998). The Cambridge Ancient History. 13 (en inglés). Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0521302005.
- Geary, Patrick J (2003). The Myth of Nations: The Medieval Origins of Europe (en inglés). Princeton, NJ: Princeton University Press. ISBN 9780691114811.
- Heather, Peter (2011). Empires and Barbarians (en inglés). Oxford: Oxford University Press. ISBN 9780330540216.
- Hinds, Kathryn (2009). Goths (en inglés). Nova york: Marshall Cavendish. ISBN 9780761445166.
- Lenski, Noel Emmanuel (2002). Failure of Empire: Valens and the Roman State in the Fourth Century A.D (en inglés). Berkeley, Os Ánxeles e Londres: University of California Press. ISBN 978-0-520-23332-4.
- Wolfram, Herwig (1990). History of the Goths (en inglés). Berkeley, Os Ánxeles e Londres:: University of California Press. ISBN 9780520069831.
Outros artigos
editarPredecesor: Primeiro xuíz documentado |
Xuíces dos tervingos 291-332 |
Sucesor: Aorico |