Argumento dunha función
En matemáticas, un argumento dunha función é un valor proporcionado para obter o resultado da función. Tamén se di variábel independente e indeterminado.[1]
Por exemplo, a función de dúas variábeis ten dous argumentos, e , que se poden expresar nun par ordenado . A función hiperxeométrica é un exemplo dunha función de catro argumentos. O número de argumentos que toma unha función chámase aridade da función. Unha función que toma un só argumento como entrada, como , chámase función unaria. Considérase que unha función de dúas ou máis variábeis ten un dominio que consiste en pares ordenados ou tuplas de valores de argumento. O argumento dunha función circular é un ángulo. O argumento dunha función hiperbólica é un ángulo hiperbólico.
Unha función matemática ten un ou máis argumentos en forma de variábeis independentes designadas na definición, que tamén poden conter parámetros. As variábeis independentes menciónanse na lista de argumentos que toma a función, mentres que os parámetros non. Por exemplo, na función logarítmica a base considérase un parámetro.
Ás veces, pódense usar subíndices para denotar argumentos. Por exemplo, podemos usar subíndices para indicar os argumentos en relación aos que se toman derivadas parciais.[2]
Notas
editar- ↑ Bronshtein, I.N.; Semendyayev, K.A.; Musiol, G.; Muehlig, H. (2007). Handbook of Mathematics (5th ed.). Berlin Heidelberg New York: Springer. p. 47. ISBN 978-3-540-72121-5.
- ↑ Aleksandrov, A. D.; Kolmogorov, A. N.; Lavrent'ev, M. A., eds. (1963). Mathematics: Its Content, Methods and Meaning Two. Traducido por S. H. Gould. The MIT Press. p. 121.