Ardaña, Carballo
Santa María de Ardaña[1] é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE de 2019 tiña 641 habitantes (316 homes e 325 mulleres), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 785 habitantes. Segundo o IGE en 2004 tiña 734 habitantes (370 homes e 364 mulleres).
Ardaña | |
---|---|
Igrexa e cruceiro de Santa María de Ardaña. | |
Concello | Carballo[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°10′45″N 8°40′59″O / 43.17918611, -8.68293056 |
Poboación | 641 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 15[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Conta cunha escola infantil en Gontade e cun centro social aínda en construción.
Xeografía
editarArdaña ocupa un fértil val moi próximo ao núcleo urbano de Carballo. Encóntrase no primeiro tramo da recta de Rus.
Patrimonio
editarNa parroquia atópase unha das casas nobres máis antigas do concello: o pazo de Gontade.
Ademais, no monte da Peniqueira hai unha mámoa duns vinte metros de diámetro e duns dous de altura[Cómpre referencia].
Lugares e parroquias
editarLugares de Ardaña
editarLugares da parroquia de Ardaña no concello de Carballo (A Coruña) | |
---|---|
Barís | O Barreiro | Carracedo | Castro | A Cesta | Esteves | Gontade | A Igrexa | Noví | A Pifaina | Quintáns | San Lois | San Mamede | Santa María | Vivente |