Arazúa
Arazúa foi unha revista bilingüe, con preponderancia do castelán, que se editou en Montevideo de 1929 a 1930.
Arazúa | |
---|---|
País | Uruguai |
Lugar | Montevideo |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSubtitulada Boletín de la Asociación Protectora de la Cultura Gallega, apareceu en 1929. Só apareceron dous números cesando a súa publicación en 1930.
No número 2 publicou en galego o "Manifesto nacionalista", asinado en Buenos Aires o 1 de setembro de 1930 por Ramón Suárez Picallo, Francisco Regueira, Lino Pérez, Eduardo Blanco Amor, Pedro Campos Couceiro e Antón Alonso Ríos.[1]
Notas
editar- ↑ "Arazúa". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Arazúa". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Alonso Girgado, Luís, ed. (2006). Arazua (Montevideo, 1929-1930) / Raza Celta (Montevideo, 1934-1935) (PDF). CIRP. ISBN 84-453-4225-8.
- Peña Saavedra, V. (dir.) (1998). Repertorio da prensa galega da emigración. Santiago de Compostela: CCG. ISBN 84-87172-30-X.
- Vilavedra, D., ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Galaxia. pp. 53–54. ISBN 84-8288-137-X.
- Zubillaga, Carlos (1996). A prensa galega de inmigración en Uruguai (PDF). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. ISBN 84-87172-08-3.