Ararteko
O Ararteko é o defensor do Pobo do País Vasco. É un alto comisionado do Parlamento Vasco para a defensa dos dereitos das persoas en relación coas actuacións e políticas públicas das administracións públicas da Comunidade Autónoma do País Vasco (Goberno Vasco, deputacións forais, concellos ou organismos públicos dependentes dalgunha desas administracións). Na actualidade, Manu Lezertua é o Ararteko no País Vasco.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/f/f6/Vitoria_-_Calle_Prado%2C_sere_del_Ararteko_%28Defensor_del_Pueblo_Vasco%29_2.jpg/250px-Vitoria_-_Calle_Prado%2C_sere_del_Ararteko_%28Defensor_del_Pueblo_Vasco%29_2.jpg)
En Navarra tamén se denomina en éuscaro Ararteko ao Defensor do Pobo da comunidade foral.[1]
Lista de arartekos
editar- 1989-1995: Juan San Martín Ortiz de Zárate
- 1995-2000: Xabier Markiegi Candina
- 2000-2004: Mercedes Agúndez Basterra (en funcións)
- 2004-2014: Íñigo Lamarca Iturbe
- 2015: Julia Hernández Valles (en funcións)
- Dende 2015: Manuel Lezertua Rodríguez