Arón
Este artigo trata sobre o personaxe bíblico. Para o antropónimo véxase: Arón (nome).
Arón[1], ás veces tamén Aarón[1] ou Aharón[1], (hebreo: אהרן), foi un personaxe bíblico.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/8/8c/Master_of_the_Dinteville_Family_-_Moses_and_Aaron_before_Pharaoh-An_Allegory_of_the_Dinteville_Family%27%2C_oil_on_wood%2C_mid_16th_century.jpg/220px-Master_of_the_Dinteville_Family_-_Moses_and_Aaron_before_Pharaoh-An_Allegory_of_the_Dinteville_Family%27%2C_oil_on_wood%2C_mid_16th_century.jpg)
Traxectoria
editarNado en Exipto, era o fillo máis vello de Amram e Ioquébed e irmán máis vello de Moisés. Casou con Elixeba, con quen tivo catro fillos: Nadab, Abihú, Itamar e Elazar. Segundo a tradición foi o primeiro Gran Sacerdote (levita) de Israel por elección divina xunto cos seus fillos. Actuou como voceiro de Moisés, por ser de verba fácil, aínda que mentres Moisés recibía as Táboas da Lei, Aharón fabricou o becerro de ouro a petición do pobo hebreo.
Morreu na Montaña de Deus (Horeb) á idade de 123 anos (Éx. 4:27), sen chegar á Terra prometida.
No Corán aparece baixo a forma de Harún.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-11-05.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arón |
Bibliografía
editar- "Aarón ou Arón". Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 17.
Primeiro sumo sacerdote do pobo hebreo...