Aríbalo
O aríbalo (grego ἀρύβαλλος, aryballos) é un vaso grego de base ancha e pescozo estreito, polo que se comparou cunha bolsa pechada. Figura entre os utensilios de baño por servir para conservar o aceite perfumado destinado ao coidado do corpo. A raíz desta palabra é αρυω que significa "extraer". Os aríbalos frecuentemente utilizados como depósitos de aceite para os atletas.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/3/3e/Medicine_aryballos_Louvre_CA1989-2183.jpg/220px-Medicine_aryballos_Louvre_CA1989-2183.jpg)
Nas coleccións de vasos de barro pintados abunda o aríbalo. É sempre un frasco pequeno de poucos centímetros (uns 6 a 10). Os máis bonitos son os de estilo corintio (do século VI a. C.) en forma de ampola, isto é, esférico sen pé, achatado ou de pera (neste caso adoita chamarse bombilios) e con reborde ancho e redondo na boca, pescozo moi curto e asa lixeira. Están decorados con figuras de animais ou de guerreiros.
O Museo Arqueolóxico Nacional de España alberga algúns exemplares procedentes de Grecia. En Ampurias, atopáronse exemplares en sepulturas que se poden contemplar no Museo de Xirona.
Contexto histórico
editarA aparición do aríbalo parece situarse dous séculos despois da do enócoe, do que toma a forma, é dicir, no estilo período protocorintio ao redor do 700 a. C. Os primeiros exemplares coñecidos teñen forma esférica e a súa decoración ocre e beige, a miúdo bastante simplista en relación con outras cerámicas, permite atribuílos á cidade de Corinto. Este xénero de cerámica propagouse enseguida e perdurou até o período helenístico. O seu estilo evolucionou e gañou así unha base chaira, unha forma máis esvelta e ás veces unha segunda asa. A pintura do aríbalo pasou tamén da época arcaica á helenística das figuras negras ás vermellas.
Formas
editarNa literatura, o aríbalo é a miúdo confundido con vasos como o lecito ou o alabastrón. De tamaño a miúdo comprendido entre 6 e 20 cm, o aríbalo ten forma de bolsa cunha base ancha. Como todos os recipientes de aceite ten un pescozo bastante longo que remata con beizos anchos e ensanchados. Unha fina asa vertical está fixada entre os beizos e o bandullo. Pódese pensar razoablemente que ditos vasos podían estar atados por unha corda á cintura do seu propietario.
Utilización
editarOs usos destes vasos son coñecidos por un texto de Pollux e por diversas pinturas atopadas noutros vasos contemporáneos.[1] O seu uso principal era o transporte de aceites, quizais perfumados, polos atletas para untarse a pel. Podía servir de recipeinte de aceite destinado ás cerimonias ou a algúns ritos funerarios, aínda que parece que neste caso impúxose o lecito.
Notas
editar- ↑ Pollux, Escena dos cabaleiros de Aristófanes, VII, 166; X, 63.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Le Dictionnaire des Antiquités grecques et romaines de Daremberg et Saglio, (entrada :"Aryballos"), Hachette, París, 1877