Aquilino Valencia
Aquilino Valencia Salgado, nado en Calvos de Randín en 1960, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1960 ![]() Calvos de Randín, España ![]() |
![]() | |
2007 – ![]() | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Calvos de Randín ![]() |
Ocupación | político, axente forestal ![]() |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español ![]() |
Membro de |
Traxectoria
editarTraballa como axente forestal. Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Calvos de Randín e foi elixido alcalde con maioría absoluta. En maio de 2008 catro edís do PPdeG co apoio do edil do exsocialista José Manuel Andrade presentaron unha moción de censura contra el. A moción non chegou a prosperar porque os veciños impediron a entrada dos censurantes ao pleno. Unha reclamación posterior por vía xudicial rematou co pronunciamento do Xulgado ordenando que se repetise o pleno. Finalmente os convocantes decidiron retirala en febreiro de 2011[1]. Nas municipais de 2011 revalidou a alcaldía cunha maioría absoluta aínda máis ampla. En 2015, 2019 e 2023 revalidou novamente a alcaldía con amplas maiorías absolutas. Compatibiliza o cargo de alcalde co seu traballo de axente forestal.
Predecesor: Antonio Rodríguez Alonso |
Alcalde de Calvos de Randín 2007 - actualidade |
Sucesor: no cargo |