Aquila Italiana
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2015.) |
A Aquila Italiana fundada como a "Società Anonima Aquila", e rapidamente rebautizada como "Società Anonima Italiana Aquila" foi un fabricante italiano de automóbiles desde 1906 ata 1917. A compañía foi renomeada de novo en 1909 despois de que fose rescatada polo banco como "Aquila Anonima Italiana di L. Marsaglia", a parte Marsaglia viño do nome do fillo de Marsaglia propietario do banco Vincenzo, talentoso piloto de automóbiles.
Aquila Italiana | |
---|---|
![]() | |
![]() ![]() | |
Fundación | 1906 |
Localización | Torino, Italia |
Industria | Automóbil |
Produtos | Automóbiles |
[ editar datos en Wikidata ] |
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/0/08/Aquila_Italiana_25_30.jpg/250px-Aquila_Italiana_25_30.jpg)
Deseñado por Giulio Cesar Cappa, os coches eran modelos de catro cilindros e seis cilindros con motores OIE de tipo avanzado. Houbo unha interrupción na babricación a partir de 1908, pero a compañía presentou novos modelos en 1911, os cales montaban motores de 4.192 cc de seis cilindros que demostraron ser exitosos en moitas carreiras. Entre os condutores Aquila Italiana destacaron Meo Constantini (máis tarde uniuse a Bugatti en Molsheim, onde se converteu no primeiro piloto de carreiras e máis tarde, en Xefe de Equipo) e Carlo Masetti (irmán máis vello de Giulio Masetti).
Historia
editarCesar Cappa era un enxeñeiro novo que tiña un pequeno taller en Turín dedicado á fabricación de pistóns de aluminio e de válvulas de motores sobrealimentados. En 1905 entra en contacto con Giulio Pallavicino, de nobre familia xenovesa, representante da marca Brown en Italia, e deciden crear unha sociedade, a "Societá Anónima Aquila Italiana" (italiana para diferenciala da casa alemá Adler (aguia en alemán).
Os primeiros proxectos foron dous automóbiles de catro cilindros (o H35/50 de 3.921 cc que alcanzaba os 130 km/h) e un terceiro modelo de seis do cal fabricáronse unhas poucas unidades, xa que a inesperada morte de Pallavicino produciu serias dificultades económicas a Cappa, detendo a produción en 1908.
En 1909 a sociedade, que arrastraba abundantes débedas, foi salvada por Vincenzo Marsaglia, un mozo amante do automobilismo e piloto afeccionado cuxo pai, Luigi Marsaglia, era o dono da Banca F.lli Marsaglia de Turín, cambiando o seu nome a "Aquila Italiana di L. Marsaglia". O banco fíxose cargo dos pagos da compañía e isto permitiu que Cappa deseñase un novo modelo que puido fabricarse con certa regularidade. Tratábase dun elegante e innovador automóbil de carreiras de 6 cilindros e 4.192cc, derivado do modelo H35/50, con pistóns de aluminio, válvulas de sobrealimentación, e moitas outras técnicas novas que o convertían nun excelente automóbil deportivo.
Aquila Italiana conseguiu o seu maior éxito da man do propio Vincenzo Marsaglia, quen na IX Targa Florio de 1913 chegou á meta en 2º lugar. O piloto máis destacado que utilizou coches da marca foi Meo Constantini, que participou na Targa Florio, no Tour de Francia e noutras carreiras en 1914, con algúns bos resultados.
O estalido da guerra pon en dificultades á compañía, que debe dedicarse á produción de material militar. Con todo, o enxeñeiro xefe e alma da firma, Cesar Cappa, abandona en 1914 a fabríca para incorporarse á Fiat. Vincenzo Marsaglia continúa un ano máis ata que falece nun accidente de avión, cando probaba un prototipo de aeroplano que quería fabricar. A banca decide vender a compañía que é absorbida ese mesmo ano pola SPA.
Produción
editarA compañía Aquila Italiana produciron un total de aproximadamente 1.500 exemplares dos seus coches, todos os modelos combinados.
Tipo | 15/20 HP | 40/50 HP | 25/30 HP | K-12/15 HP | H4-20/30 HP | H6-35/50 |
---|---|---|---|---|---|---|
Cilindrada cc | 2797 | 7432 | 3921 | 1847 | 2614 | 3921 |
Cilindros | 4 | 4 | 6 | 4 | 4 | 6 |
Diámetro mm | 90 | 130 | 80 | 70 | 80 | 80 |
Carreira mm | 110 | 140 | 130 | 120 | 130 | 130 |
rpm | 1500 | 1200 | 3600 | 2000 | 1800 | 1800 |
Válvulas | Lateral | Lateral | Mestura | Na parte superior | Na parte superior | Na parte superior |
Encendido | magneto | magneto | magneto | magneto | magneto | magneto |
Marcha | 4+ RM | 4+ RM | 4+ RM | 4+ RM | 4+ RM | 4 + RM |
Transmisión | cardan | cardan | cardan | cardan | cardan | cardan |
Distacia entre eixes mm | 2500 | 2900 | 3055 | 2600 | 2850 | 3050 |
Track mm | 1250 | 1400 | 1445 | 1300 | 1440 | 1440 |
Produción | 1909-11 | 1909-11 | 1909-12 | 1913-17 | 1912-17 | 1913-17 |