Apolonio Díscolo
Apolonio Díscolo (gr. Ἀπολλώνιος ὁ δύσκολος, «Apolonio o difícil»), foi un lingüista grego do século II. É considerado o fundador do estudo metódico da gramática, ao ser autor de varios tratados que dotaron por primeira vez á gramática grega dunha base científica. Prisciano chamouno grammaticorum princeps ("príncipe dos gramáticos")[1].
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século II ![]() Alexandría, Exipto ![]() |
Morte | século II ![]() Alexandría, Exipto ![]() |
Actividade | |
Ocupación | gramático ![]() |
Período de tempo | Período helenístico ![]() |
Período de actividade | (Con vida en: século II ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Fillos | Élio Herodiano ![]() |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarViviu en Alexandría en condicións de extrema pobreza e escribiu numerosas obras, das cales só se conservan catro: o tratado Sobre a Sintaxe[2] e os breves ensaios titulados Sobre os Pronomes, Sobre a Conxunción e Sobre os Adverbios.
Este Apolonio, que se gañou o sobrenome de dýskolos («difícil») polo conciso e denso das súas explicacións, foi o máis importante tratadista de sintaxe na tradición filolóxica antiga. Só a Tékhnē grammatiké (Τέχνη Γραμματική) de Dionisio Tracio (século -I) rivalizou en prestixio con esta Sintaxe. Pero son dúas obras de distinto nivel e estilo. A obra de Apolonio é un tratado sintáctico de estudo amplo, crítico, e bastante persoal, sobre os conceptos fundamentais da construción gramatical. Que é a oración, as súas partes, as funcións dos pronomes, os significados das formas verbais e outros temas sintácticos, son estudados aquí a fondo, con moitos exemplos, en boa medida homéricos, de acordo co labor filolóxico habitual nos círculos alexandrinos. Apolonio ten indicios de sorprendente modernidade, ademais de recoller e criticar a tradición anterior. O gramático Prisciano, baseouse para os seus textos nos escritos de Apolonio.
A súa obra raramente se traduciu a outros idiomas (só unha vez ao alemán, ao inglés e ao francés). En español, a única edición traducida, con introdución e comentario podémola atopar na Editorial Gredos.
Notas
editar- ↑ Chisholm, Hugh, ed. (1911). "Apollonius (the Surly)". Encyclopædia Britannica 2 (11ª ed.). Cambridge University Press.
- ↑ Apollonius Dyscole, De la construction (syntaxe), vol. 1: Introduction, texte et traduction par Jean Lallot, Paris: Librairie philosophique J. VRIN 1997.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Apolonio Díscolo. Sintaxis. Madrid: Editorial Gredos. ISBN 978-84-249-1081-5. (en castelán)