Apio Claudio Craso
Apio Claudio Craso Regilense Sabino (en latín: Appius Claudius Crassus Regillensis Sabinus), foi un político romano do século V a. C. e pertencía á gens Claudia. Era fillo de Apio Claudio Sabino Inregilense (cónsul no 471 a.C.), pai de Apio Claudio Craso (cónsul no 424 a.C.) e avó de Apio Claudio Craso (cónsul no 403 a.C.).
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século VI a. C. ![]() Roma Antiga ![]() |
Morte | 449 a. C. ![]() Roma Antiga ![]() |
Causa da morte | suicidio ![]() |
Senador romano | |
valor descoñecido – valor descoñecido | |
![]() | |
471 a. C. – 471 a. C. Xunto con: Tito Quincio Capitolino Barbato | |
Decemvir legibus scribundis (en) ![]() | |
451 a. C. – 449 a. C. | |
![]() | |
451 a. C. – 451 a. C. Xunto con: Tito Genúcio Augurino (pt) ![]() ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político da Roma antiga, militar da Roma antiga ![]() |
Período de tempo | Early Roman Republic (en) ![]() ![]() |
Familia | |
Familia | Claudii Crassi (en) ![]() ![]() ![]() |
Cónxuxe | valor descoñecido ![]() |
Fillos | Publius Claudius Crassus, Ápio Cláudio Crasso ![]() |
Pais | Ápio Cláudio Sabino ![]() ![]() |
Irmáns | Caio Cláudio Crasso Inregilense Sabino ![]() |
Descrito pola fonte | Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Claudius, Appius ![]() |
Foi cónsul no 451 a. C. e encabezou os dous colexios de decénviros entre o 451 e 449 a.C. que se encargou da redacción da Lei das XII Táboas.
Familia e orixe
editarApio Claudio era membro da gens Claudia, unha familia romana rica e patricia. O seu pai Apio Claudio Sabino, cónsul no 471 a.C., e o seu avó Apio Claudio Sabino, cónsul no 495 a.C., foran ámbolos dous cónsules e distinguíronse polo seu desprezo á plebe e a súa intransixente oposición aos seus representantes, os tribunos da plebe. Esta oposición aumentou durante os graves conflitos civís nos anos 495 a.C.[1] e 471 a.C.[2] Porén, o seu tío Caio Claudio Sabino Regilense exerceu no 460 a.C. un consulado sen chocar cos tribunos da plebe.[3]
Segundo algunhas fontes antigas, como o Fastos Capitolinos que proporcionan o seu nome completo para o 451 a.C. (Ap. Claudius Ap.f. M.n. Crassinus Inregillensis Sabinus)[4][5] os cónsules do 471 a.C. e 451 a.C. serían, de feito, a mesma persoa e non o pai e o seu fillo. Mais, se a conta de Tito Livio para o ano 470 a.C. é certa, Apio Claudio Sabino morreu no cárcere ese ano, polo que o cónsul do 451 a.C. había se-lo seu fillo. Os destinos dos dous cónsules son semellantes, engadindo á confusión, xa que ambos morreron no cárcere tras problemas cos plebeos.
Traxectoria
editarContexto político
editarNa segunda metade do século V a.C., foi medrando a oposición política entre a plebe, representada polos seus tribunos, e os patricios que conservaban o dominio do consulado, herdeiros dun poder real cuxo único límite era a duración do exercicio do mandato de cónsul; é dicir, un ano. Dende o ano 462 a.C., os tribunos reclamaban, coa rogatio Terentilia, a fixación por escrito das leis para limitar os poderes arbitrarios dos cónsules. Despois de dez anos de graves tensións civís, conseguiron por fin a constitución dunha comisión encargada de elaborar as leis aplicables a plebeos e patricios.
Primeiro decenvirato (451 a.C.)
editarNo 451 a.C., Apio Claudio foi elixido cónsul e ao mesmo tempo, créase unha comisión de dez membros, os decénviros, por un mandato dun ano. Como cónsul, é vogal de oficio e obtén a súa presidencia do colexio de decénviros.[5] A importancia desta comisión foi tal que tódolos actores da vida política romana aceptaron a suspensión dos mandatos ordinarios: xa non había cónsul nin tribunos da plebe, os decénviros tiñan o poder absoluto sen posibilidade de recurso.
Os decénviros exerceron o seu papel, sendo precedidos durante o día polos doce lictores, como auxiliares no exercicio do poder. Tito Livio sinalou como proba da moderación do seu goberno que se admitía que, a pesar da suspensión do dereito de recurso ante os tribunos da plebe, as resolucións xudiciais do decénviro que exercía un día determinado podían ser recorridas ante outro decénviro,[6] ou que nunha ocasión, un decénviro en troques de levar unha acusación pública cedera este dereito ao pobo para que exercese xustiza.[7]
En ausencia de conflitos cos seus veciños e sen disturbios internos, os decénviros puideron traballar na elaboración de leis que se organizaron segundo dez títulos, a "Lei das X Táboas", que se aprobou por votación popular.[8]
Segundo decenvirato (450 a.C. - 449 a. C.)
editarRedacción da Lei das XII Táboas
editarPara completar estas dez primeiras leis, decidiuse renovar a comisión coa elección de novos decénviros. Apio Claudio presentouse á reelección,[9] contradicindo o costume que significaba que non se podía ostentar as maxistraturas durante dous anos seguidos; malia todo, saíu reelixido tras unha activa campaña de sedución entre o pobo, multiplicando as promesas. Elixíronse outras nove personalidades, que formaron o segundo colexio de decénviros. Ao tomar posesión, o 15 de maio do ano 450 a.C., provocaron unha certa sorpresa ao presentárense cada un deles precedidos por cadanseus doce lictores; é dicir, 120 lictores en total, unha forza de coacción nunca vista en Roma. Os decénviros engadiron dúas novas táboas ás anteriores, pasando a ser denominado o código como a "Lei das XII Táboas".
Permanencia dos decénviros no poder
editarSegundo Tito Livio, Apio Claudio influíu nos seus colegas e creou unha camarilla que abusou do poder e gobernou con despotismo, intimidando á plebe e ignorando o Senado. Despois do 15 de maio de 449 a.C., aínda que cumprido o seu mandato dun ano e rematado o seu labor lexislativo, os decénviros adestrados por Apio Claudio mantivéronse no poder ilegalmente pola súa propia autoridade, rodeándose dunha numerosa garda e sufocando toda protesta emanada da plebe.
A guerra iniciada contra Roma polos sabinos e os Aequi obrigou aos decénviros a se uniren ao Senado para conseguir o recrutamento das tropas romanas. Os decénviros compartiron os sectores de operacións, e Apio Claudio e Espurio Opio Córnicen aseguraron a defensa de Roma.
Morte de Virxinia
editarApio Claudio cometeu entón un exceso de poder que desencadeou unha revolta popular. Livio fai un relato detallado do feito,[10] mentres que Diodoro de Sicilia relatou este episodio pero sen nomear a Apio Claudio.[11]
Segundo autores antigos, Apio Claudio incitou a un dos seus clientes a reclamar como escrava á rapaza Verxinia ou Virxinia, filla do centurión Lucio Virxinio, prometida en matrimonio con Lucio Icilio, antigo tribuno da plebe. Deste xeito, Apio Claudio presionaba a dous dos prinicipais opositores ao seu poder. Á espera de que se constituíse un tribunal que deliberase sobre esta pretensión, a lei prevía que se encomendase a persoa en cuestión á custodia de quen afirmase a súa condición de libre. Mais incumprindo a lei, Apio Claudio ordenou que o fose gardada polo seu cliente. Cando os lictores intentaron apreixar á moza no medio do foro, o seu pai prefiriu apuñalala e matala dicindo: "Filla, douche a liberdade dó unico xeito que podo"[12] e salvala así da violencia dos homes de Apio Claudio. Este xesto espertou a indignación da multitude contra Apio Claudio mentres o aflixido pai enviou aos seus amigos a avisar a Lucio Icilio, prometido de Virxinia, que estaba mobilizado preto de Roma. Ao mesmo tempo, Apio Claudio envíou aos seus xenerais a orde de arrestar a Lucio Icilio. Nesta carreira de velocidade, Lucio Icilio informou ao primeiro levantamento dos seus compañeiros, provocando unha revolta dos soldados.
Mentres que a plebe mostrou a súa hostilidade retirándose en masa ao Aventino (un monte sagrado) durante a segunda secesión da plebe no 449 a.C., os soldados amotinados que volvían a Roma, acamparon no Aventino nunha época na que, este outeiro, aínda non formaba parte de Roma. Os decénviros víronse obrigados a dimitir e o Senado restableceu as antigas maxistraturas, consulados e tribunais. Lucio Icilio e Lucio Virxinio foron elixidos tribunos da plebe e encarceraron a Apio Claudio[13]. Livio sinalou con ironía que Apio tería tentado valerse do dereito de apelación á protección dos tribunos , dereitos dos que se burlara cando fora decénviro. Finalmente, suicidouse en prisión antes do seu xuízo. O seu colega Espurio Opio Córnicen, que tamén estaba preso, suicidouse igualmente. Os demais decénviros exiliáronse e os seus bens foron confiscados.
Algúns historiadores modernos puxeron en dúbida a autenticidade do episodio de Virxinia, cuxa morte para salvar a súa virtude desencadeou unha revolución contra un poder despótico, atopando nela un paralelismo tamén marcado co derrocamento do rei Tarquino o Soberbio tras a morte de Lucrecio.
Notas
editar- ↑ Tito Livio 2007, pp. 310-312 (Libro II, capítulo 27)
- ↑ Tito Livio 2007 pp. 360-367 (Libro II, capítulos 56-59)
- ↑ Tito Livio 2007, p. 398 (Libro III, capítulo 15, parágrafo 1)
- ↑ Broughton 1951, p. 30
- ↑ 5,0 5,1 Broughton 1951, p. 45.
- ↑ Tito Livio, 2007, p. 427 (Libro III, capítulo 34, parágrafo 8)
- ↑ Tito Livio 2007, p. 426 (Libro III, capítulo 33, parágrafos 9-10)
- ↑ Tito Livio 2007, p. 427 (Libro III, capitulo 34, parágrafo 6)
- ↑ Broughton 1951, p. 46
- ↑ Tito Livio 2007, pp. 441-453 (Libro III, capítulos 44-52)
- ↑ Diodoro de Sicilia 2006, pp. 377-380 (Libro XII, Capítulos 24-26)
- ↑ Tito Livio 2007, p. 448 (Libro III, capítulo 48, parágrafo 5)
- ↑ Broughton 1951, p. 49
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Broughton, T. Robert S. (1951). The Magistrates of the Roman Republic : Volume I, 509 B.C. - 100 B.C. Colección: Philological Monographs, número XV, volume I (en inglés). Nova York: The American Philological Association.
- Diodoro de Sicilia (2006). Biblioteca Histórica. Libros IX-XII. Colección: Biblioteca Clásica Gredos, nº 353 (en castelán). (tradución e notas de Juan José Torres Esbarranch). Madrid: Gredos. ISBN 84-249-2858-X.
- Sexto Aurelio Víctor (1806). De Viris Illustribus Urbis Romae (De los Varones Ilustres Romanos) (en latín). (traducido por Agustín Muñoz Ávarez). Sevilla: Manuel Muñoz Álvarez.
- Tito Livio (2007). Histora de Roma desde su fundación. Libros I-III. Colección: Biblioteca Clásica Gredos, nº 144 (en castelán). (tradución en notas José Antonio Villar Vidal) (1ª edición, 3ª reimpresión ed.). Madrid: Gredos. ISBN 84-249-1434-1.
Predecesor: Lucio Pinario Mamercino Rufo e Publio Furio Medulino Fuso |
Cónsul da República Romana xunto con Tito Quincio Capitolino Barbato 471 a. C. |
Sucesor: Lucio Valerio Potito (II) e Tiberio Emilio Mamerco |
Predecesor: Tito Menenio Lanato e Publio Sestio Capitón Vaticano |
Cónsul II da República Romana xunto con Tito Xenucio Augurino 451 a. C. |
Sucesor: Lucio Valerio Potito e Marco Horacio Barbato |