Aparato de vía
Un aparato de vía é un dispositivo que permite a ramificación e o cruzamento de diferentes vías de ferrocarril. Os aparatos de vía están formados por dous elementos básicos, desvíos e travesías, e fabrícanse con pezas unidas con anacos de raíl denominados carrís intermedios ou carrís de unión.[1]
Tamén se entende en ocasións por aparato de vía ao dispositivo para o intercambio de datos entre a vía e o tren, por exemplo as balizas.[2]
Tipos
editarExisten dous tipos básicos de aparellos de vía:
- Os desvíos ou cambios de agullas, que permiten a unha vía dividirse en dúas ou excepcionalmente en tres vías, sendo os eixos das vías tanxentes entre si. Unha das vías, a vía directa, segue unha liña recta; mentres que o resto das vías, que se denominan vías desviadas, cambian de dirección no desvío.
- As travesías permiten a intersección de dúas vías sen posibilidade de cambiar dunha a outra.
-
Desvío ordinario
-
Travesía rectangular
Notas
editar- ↑ Luque Rodríguez, Pablo; et al. (2003). Aparatos de vía, en Ingeniería e infraestructura de los transportes. Universidade de Oviedo. Páxs. 84 e ss. ISBN 84-8317-365-4.
- ↑ León, Mario (2005). Aparato de vía, en Diccionario de tecnología ferroviaria. Ediciones Díaz de Santos. Páx. 39. ISBN 84-7978-696-5.