Antonio Trabazo Lorenzo
avogado e político galego
Antonio Trabazo Lorenzo, nado en Silleda en 1906 e finado no mesmo concello o 20 de setembro de 1937,[1] foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1906 ![]() Silleda, España ![]() |
Morte | 20 de setembro de 1937 ![]() Silleda, España ![]() |
![]() | |
outubro de 1934 – marzo de 1936 ← Segundo Arceo Díaz – Emilio Alonso Paz → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político ![]() |
Familia | |
Irmáns | Alfonso Trabazo Lorenzo ![]() |
Traxectoria
editarFillo de José Trabazo González e irmán de Alfonso Trabazo Lorenzo. Estudou o bacharelato no Instituto de Pontevedra. Aprobou os exames para secretario de xulgado municipal en maio de 1929.[2] Foi oficial interino co Concello de Silleda ata que foi suspendido en maio de 1931. Sufriu un atentado en decembro de 1932.[3] Aprobou os exames para procuradores en xuño de 1933.[4] Foi nomeado xestor de cédulas do concello de Silleda en agosto de 1934.[5] Foi nomeado alcalde de Silleda en outubro de 1934, permanecendo no cargo ata marzo de 1936.
Predecesor: Segundo Arceo Díaz |
Alcalde de Silleda 1934 - 1936 |
Sucesor: Emilio Alonso Paz |