Antonio Queiruga Fernández
mestre e político galego
Antonio Queiruga Fernández, nado o 27 de novembro de 1897[1] e finado na Coruña o 6 de setembro de 1982,[2] foi un mestre e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de novembro de 1897 ![]() Galicia, España ![]() |
Morte | 6 de setembro de 1982 ![]() A Coruña, España ![]() |
![]() | |
16 de abril de 1941 – 14 de febreiro de 1942 – José Abeijón Sánchez → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político ![]() |
Traxectoria
editarMestre. Foi designado alcalde de Negreira o 16 de abril de 1941. Foi cesado o 14 de febreiro do ano seguinte, por un chivatazo ou malos informes falanxistas, que denunciaron a súa anterior militancia en Izquierda Republicana. Finou na Coruña con 85 anos.
Predecesor: Jesús Magariños Pastoriza |
Alcalde de Negreira 1941 - 1942 |
Sucesor: José Abeijón Sánchez |
Vida persoal
editarCasou con María de los Dolores Sarasquete Hermo, con quen tivo catro fillos: Juan Manuel, María Dolores, Francisca e Antonio Lucrecio (arquitecto municipal de Ribeira) Queiruga Sarasquete.
Notas
editar- ↑ Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 106.
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 7-9-1982, p. 47.