Antonio Pousada Pérez
Antonio Pousada Pérez, nado en Poio e finado en Cotobade o 28 de novembro de 1959, foi un practicante e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1892 ![]() Poio, España ![]() |
Morte | 28 de novembro de 1959 ![]() Cotobade, España ![]() |
![]() | |
1936 – 1936 | |
![]() | |
1931 – decembro de 1932 ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarDependente. Veciño de Cotobade, foi nomeado fiscal de Cotobade en decembro de 1927.[1] En febreiro de 1928 foi elixido contador da xunta directiva da Federación Agraria de Cotobade,[2] e en 1929 foi nomeado presidente da Federación.[3] Foi elixido presidente do Centro Republicano de Cotobade en 1930.[4]
Coa proclamación da República foi elixido concelleiro de Cotobade en 1931, nomeado primeiro tenente-alcalde e despois alcalde de Cotobade. Dimitiu do cargo de alcalde de Cotobade en decembro de 1932.[5] Militante do Partido Republicano Gallego, foi nomeado deputado provincial polo distrito de Redondela-Pontecaldelas en 1933,[6] sendo cesado en xaneiro de 1934.[7] Militante de Izquierda Republicana, logo do triunfo da Fronte Popular foi nomeado alcalde de Cotobade en marzo de 1936.[8]
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 detivérono e internárono no campo de concentración da illa de San Simón ata que o xulgou un consello de guerra en Pontevedra co resultado de sobresemento provisional e o pase a disposición da autoridade gobernativa. Incoado expediente de responsabilidades políticas en 1941,[9][10] foi sobresido en 1944.[11] Finou en Cotobade o 28 de novembro de 1959.[12]
Vida persoal
editarCasou con Aurora Cerviño e foi pai de Manuel, José e Lucrecia Pousada Cerviño.
Notas
editar- ↑ El Progreso, 30-12-1927, p. 1.
- ↑ El Pueblo Gallego, 3-2-1928, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 8-12-1929, p. 14.
- ↑ El Pueblo Gallego, 22-7-1930, p. 10.
- ↑ El País, 18-1-1933, p. 1.
- ↑ El Pueblo Gallego, 30-5-1933, p. 11.
- ↑ El País, 4-1-1934, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 26-6-1936, p. 2.
- ↑ El Compostelano, 24-11-1941, p. 2.
- ↑ BOE, 2-1-1942, p. 22-42.
- ↑ El Compostelano, 21-11-1944, p. 2.
- ↑ La Voz de Galicia, 29-11-1959, p. 8.
Predecesor: ? |
Alcalde de Cotobade 1931 - 1933 |
Sucesor: ? |
Predecesor: ? |
Alcalde de Cotobade 1936 |
Sucesor: ? |