Antonio Pérez Ojea
mestre e político galego
Antonio Pérez Ojea, nado en Salceda de Caselas en 1887 e finado o 30 de novembro de 1953[1], foi un mestre e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1887 ![]() Salceda de Caselas, España ![]() |
Morte | 30 de novembro de 1953 ![]() valor descoñecido ![]() |
![]() | |
1930 – 1931 ← Gerardo Fernández Troncoso | |
![]() | |
1925 – 1929 ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político, mestre ![]() |
Traxectoria
editarMestre en Arantei (Salvaterra de Miño). Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro e segundo tenente alcalde de Salvaterra de Miño o 24 de marzo de 1924 na corporación que presidiu Francisco Piñeiro Groba. Foi nomeado presidente da Unión Patriótica de Salvaterra a finais de 1924 e alcalde de Salvaterra de Miño en 1925. En 1929 trasladouse a Tomiño. En 1930 foi nomeado alcalde de Tomiño, permanecendo no cargo ata xaneiro de 1931. En 1934 trasladouse a Vigo e despois foi director da Escola Graduada do Centro.
Predecesor: ? |
Alcalde de Salvaterra de Miño 1925 - 1929 |
Sucesor: ? |
Predecesor: Gerardo Fernández Troncoso |
Alcalde de Tomiño 1930 - 1931 |
Sucesor: Ramiro Moure Moure |
Vida persoal
editarCasou coa tamén mestra Amelia Bernárdez Santomé.
Notas
editar- ↑ Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 1-12-1951, p. 2.