Antonio Pérez Gómez

político galego

Antonio Pérez Gómez, nado na Pobra do Caramiñal en 1893 e finado en México, foi un político galego.

Modelo:BiografíaAntonio Pérez Gómez
Biografía
Nacemento1893 Editar o valor en Wikidata
A Pobra do Caramiñal, España Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
México Editar o valor en Wikidata
Alcalde da Pobra do Caramiñal
1936 – 1936 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, mecánico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
IrmánsJosé Juan Pérez Gómez Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
27 de xullo de 1936-28 de xullo de 1936evasión do San José n.º 2 Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 7726

Traxectoria

editar

Fillo de Santiago Pérez e irmán de José Juan Pérez Gómez. Mecánico especializado en construción e montaxe de maquinaria para fábricas de conservas. En 1929 patentou unha máquina de precintar e a construción da maquinaria. Tivo taller propio na Pobra do Caramiñal durante trinta e cinco anos e traballou en talleres Sanjurjo e do Ferrocarril en Vigo durante cinco anos. Militante do PSOE. Pola súa participación na folga xeral revolucionaria de 1934 estivo detido quince días en Santiago de Compostela. Co triunfo da Fronte Popular foi nomeado alcalde da Pobra do Caramiñal.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu na motora San José n.º 2 xunto con outros 18 republicanos da ría de Arousa, o 27 de xullo cara a Matosinhos. De alí foron levados ao forte de Cascais en Caxía, onde os tiveron nunha especie de campo de concentración, ao lado do monte. De alí marchou cara a Bordeos nun transatlántico francés que viña de América e facía escala en Lisboa, xunto con Manuel Porteiro, pasando logo a Madrid vía Cataluña. Formou parte do batallón de Milicias Populares Galegas e foi técnico de mecanización de proxectís na Subsecretaría de Armamento de Barcelona. Foi procesado na causa xudicial 1255/1937 aberta en Compostela por rebelión pola requisa nas minas de Estañifera de Arosa. Tamén procesado e declarado en rebeldía na causa 4267/1938 aberta en Ferrol e declarado fuxido e en rebeldía. Despois da guerra pasou a Francia, onde estivo no campo de refuxio de Barcarès. Despois conseguiu saír para México e ao pouco tempo conseguiu levar a este país á súa muller e aos seus fillos.


Predecesor:
?
  
Alcalde da Pobra do Caramiñal
 
1936
Sucesor:
José Barrera López

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar