Antonio Nieto Oliva
Antonio Nieto Oliva, nado en Xinzo de Limia o 14 de novembro de 1899 e finado no mesmo concello o 29 de xullo de 1986, foi un comerciante, xornalista e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de novembro de 1899 ![]() Xinzo de Limia, España ![]() |
Morte | 29 de xullo de 1986 ![]() Xinzo de Limia, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarFillo de Antonio Nieto. Fixo o servizo militar en Madrid e estivo en Melilla en 1923. Volveu a Xinzo de Limia para atender o comercio "La Moda" dos Herdeiros de Antonio Nieto. Colaborou en Juventud, El Agrario, El Látigo e El Eco de Monterrey e fundou e dirixiu El Pueblo Antelano. Foi correspondente en Xinzo de Limia de El Pueblo Gallego, colaborou en Vida Gallega, e durante a década dos cincuenta en La Región. Tamén publicou artigos e poemas en Faro de Vigo, Nuevo Támega, Eco de Galicia e Alfar. Na Segunda República formou parte do comité provisional do Partido Agrario Regionalista. No franquismo foi secretario de Acción Católica e presidente do Casino Antelano en varias ocasións. Era curmán de Manuel Casado Nieto, co que mantiña unha estreita relación.
Obras
editar- Baixo o ceo de Melilla. Crónicas de África.
- Collar de estrellas. (Poemas galantes), 1933.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Martínez Cerredelo, Edelmiro (2005). A prensa en Xinzo de Limia: Século XX (1911-1925). Xinzo de Limia: Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso". pp. 41–42. ISBN 84-689-5317-2.