Antonio Moreda Rodríguez
avogado e político galego
Antonio Moreda Rodríguez, nado en Ribadeo, foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido ![]() Ribadeo, España ![]() |
Morte | valor descoñecido ![]() valor descoñecido ![]() |
![]() | |
23 de xullo de 1936 – xullo de 1939 ← Rafael Fernández Cardoso – Jesús Díaz López → ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político ![]() |
Traxectoria
editarEstudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, rematando a carreira en 1918.[1] Ao ano seguinte foi nomeado secretario do Concello de Barreiros,[2] permanecendo no posto ata 1924.[3] Despois foi avogado en Ribadeo. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde de Ribadeo o 23 de xullo, cando as forzas do exército sublevado entraron en Ribadeo.[4] Permaneceu no cargo ata xullo de 1939.[5]
Predecesor: Rafael Fernández Cardoso |
Alcalde de Ribadeo 1936 - 1939 |
Sucesor: Jesús Díaz López |
Vida persoal
editarCasou con Sara Novo Ríos, e foi pai de Antonio Moreda Novo.