Antonio Maseda Bouso
Antonio Maseda Bouso, nado en Rego dos Cas (Mondoñedo) en 1893 e finado en Madrid o 19 de decembro de 1989, foi un avogado, xornalista e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1893 Mondoñedo, España |
Morte | 19 de decembro de 1989 (95/96 anos) Madrid, España |
Concelleiro de Madrid | |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político, xornalista, escritor |
Familia | |
Fillos | Elisa Lamas |
Traxectoria
editarViviu dez anos na Inclusa ata que o rescatou o seu pai, José Maseda, emigrante en Cuba. Estudou na Universidade Pontificia Comillas. Doutor en Dereito e en Filosofía e Letras e rexistrador da propiedade. Foi un dos fundadores da Irmandade da Fala mindoniense en 1917. Dirixiu os periódicos Acción Social e Galicia Social Agraria. Presidente da Sociedade de Obreiros Católicos de Mondoñedo, foi presidente da Federación Católico-Agraria de Mondoñedo (1920) e secretario da Confederación Nacional Católico-Agraria (1929). Nas eleccións de 1933 foi candidato agrario de dereitas, pero non resultou elixido.[1] Foi profesor da Escola Normal de Mestres. No franquismo foi Delegado Extraordinario de Protección de Menores. Foi Membro da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación, presidente da Caja Central de Ahorros e da Caja de Pensiones de Cataluña y Baleares. Finou en Madrid o 19 de decembro de 1989.[2]
Vida persoal
editarCasou con María Arango Lamas en 1920,[3] e foi pai de Elisa Maseda Arango.
Notas
editar- ↑ Vallibria, 18-11-1933, p. 1.
- ↑ Necrolóxica en ABC
- ↑ El Ideal Gallego, 10-7-1920, p. 2.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Somoza, Juan Ramón (1915). Semblanzas. Lugo: Gerardo Castro. p. 166. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2024. Consultado o 31 de maio de 2024.