Antonio Manuel Pérez Álvarez
Antonio Manuel Pérez Álvarez, nado en Vigo en 1947[1][2] é un empresario galego, cidadán estadounidense.[3]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Antonio Manuel Pérez Álvarez ![]() 1947 ![]() Vigo, España ![]() |
País de nacionalidade | Galiza, España; Estados Unidos de América |
Educación | Universidade Politécnica de Madrid INSEAD ![]() |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro, empresario ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarEducación e formación
editarO seu pai Antonio Pérez Vázquez (natural de Ribadavia) era un exportador de peixe no barrio pesqueiro do Berbés (Vigo). Debido ás duras condicións laborais da posguerra no Porto de Vigo,[Cómpre referencia] Antonio Manuel Pérez Álvarez decidiu non continuar co negocio familiar de exportación de peixe e decidiu estudar enxeñaría electrónica e economía na Universidade Politécnica de Madrid e en Francia, onde se licenciou. Posteriormente, obtivo un MBA polo INSEAD.[4]
Tamén en 2009 recibiu o doutoramento honoris causa pola Universidade de Rochester.[5]
Traxectoria emprendedora
editarAntonio Manuel Pérez Álvarez traballou como consultor independente para grandes empresas de investimento, prestando servizos de asesoramento sobre o efecto dos cambios tecnolóxicos nos mercados financeiros. Algúns dos seus cargos foron: Presidente e CEO de Gemplus International (de xuño de 2000 a decembro de 2001) e Director de Schering - Plough Corporation (de 2007 a novembro de 2009). Ademais, tamén pasou 25 anos en Hewlett Packard, onde foi vicepresidente corporativo e membro do consello de administración da compañía.[6]
Ao longo da súa traxectoria profesional, Antonio Manuel Pérez Álvarez desempeñou unha gran variedade de cargos relacionados coa investigación e desenvolvemento ( I+D+i ), vendas, fabricación, comercialización e xestión; tanto en Europa como nos Estados Unidos .
Etapa en Kodak
editarO 2 de abril de 2003 Antonio Manuel Pérez Álvarez foi nomeado presidente de Kodak. O 19 de maio de 2005, tamén foi nomeado CEO de Kodak tras a xubilación de Daniel Carp. O 1 de xaneiro de 2006 pasou a ser presidente do Consello de Administración da empresa.
Segundo declaracións de Antonio Manuel Pérez Álvarez unha vez incorporado á empresa Kodak, manifestou a súa intención de que a empresa se reinventase, centrándose nas impresoras e no software como novos obxectivos comerciais. A pesar deste cambio de negocio, baixo o seu liderado en 2005 o prezo das accións de Kodak baixou uns 25 dólares por acción, chegando incluso a menos de 1 dólar o 30 de setembro de 2011.[7] Ademais, o número de empregados de Kodak reduciuse a uns 7.000 en Rochester (onde ten a sede de Kodak).[8] [9]
Debido a estes reveses empresariais, Antonio Manuel Pérez Álvarez foi nomeado un dos peores presidentes de 2011 por diversas fontes de noticias financeiras, entre elas CNBC e The Motley Fool.
Debido a estes contratempos empresariais, Antonio Manuel tentou reactivar a empresa investindo miles de millóns nos dereitos de licenza de propiedade intelectual de Kodak, polo que os analistas financeiros advertiron de que Kodak estaba a gastar demasiado diñeiro, o que podería provocar unha situación de quebra.[10]
Bancarrota de Kodak
editarO 19 de xaneiro de 2012, Kodak anunciou oficialmente a quebra da compañía, aproveitando un proceso de quebra en virtude do cal a compañía tiña até febreiro de 2013 para ofrecer un plan de reestruturación financeira aceptábel. O analista financeiro Shannon Cross afirmou que o problema de Kodak era que os seus negocios principais non xeraran beneficios e que a compañía vivía das taxas de licenza de propiedade intelectual.
Durante as súas declaracións sobre o concurso de acredores, Antonio Manuel Pérez Álvarez asegurou que os seus esforzos de reestruturación se viron afectados pola recesión económica, que se freou debido ao crecemento de novos negocios e acelerou a crise da industria cinematográfica. Así mesmo, indicou que os obxectivos para a reestruturación empresarial inclúen a obtención de novo financiamento; ademais da venda dalgunhas patentes da empresa e o axuste de diversos gastos herdados (como as prestacións sanitarias para xubilados).
O 9 de febreiro de 2012, Kodak anunciou que deixará de fabricar cámaras dixitais, videocámaras e marcos dixitais.
Retorno aos beneficios en 2013 e reestruturación da empresa
editarDebido ás drásticas medidas de redución de persoal e ao feito de que a empresa conseguiu adaptarse de novo á era da fotografía dixital, Kodak conseguiu saír dela, sanear as súas contas, volver á senda dos beneficios en 2013[11] [12] [13] e mesmo lanzar unha convocatoria de emprego polo auxe das analóxicas en 2022.[14]
Premios, recoñecementos e polémicas
editarAntonio Manuel Pérez Álvarez recibiu o Premio Corporate Distinguished Achievement 2008 de B'nai B'rith International en recoñecemento ao seu traballo social e servizos humanitarios.
En 2009, recibiu o título honoris causa pola Universidade de Rochester ;[15] Nese mesmo ano tamén foi nomeado un dos 10 mellores CEOs, segundo o sitio web www.247wallst.com. [16]
Á marxe dos mencionados recoñecementos, Antonio Manuel Pérez tamén foi duramente criticado por ser un dos peores executivos dos Estados Unidos, debido á caída financeira que sufriu Kodak durante o seu mandato como presidente.
En febreiro de 2011 Antonio Manuel Pérez Álvarez foi nomeado membro do Consello de Emprego e Competitividade (Council on Jobs and Competitiveness), creado polo presidente Barack Obama.[17] [18] [19]
Notas
editar- ↑ "Antonio M. Perez" (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2014.
- ↑ ""Mr. Kodak" concluye su breve veraneo en Vigo" (en castelán). Consultado o 8 de abril de 2014.
- ↑ "Kodak" (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2014.
- ↑ "La cámara-impresora que convierte fotos en secuencias diminutas". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2014. Consultado o 9 de abril de 2014.
- ↑ "Antonio M. Perez" (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2014.
- ↑ "Forbes Perfil" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2012. Consultado o 9 de abril de 2014.
- ↑ [Ligazón morta]
- ↑ "Kodak Hires Restructuring Lawyers" (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2014.
- ↑ "Pérez, el gallego que llegó más alto" (en inglés e castelán). Consultado o 9 de abril de 2014.
- ↑ "CNBC Offers Top 5 Best and Worst CEO's of 2011" (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2014.
- ↑ "«Ser bueno en algo ya no vale para nada. Tienes que ser el mejor para sobrevivir»". Consultado o 9 de abril de 2014.
- ↑ "ANTONIO M. PéREZ, DIRECTOR EJECUTIVO DE KODAK "Kodak se comportó con la cámara digital como Superman con la kriptonita"". Consultado o 9 de abril de 2014.
- ↑ "Antonio Perez, Kodak CEO - Updates on Kodak's progress and focus on Commercial Imaging" (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2014.
- ↑ "¿Sabes revelar?: Kodak necesita contratar empleados tras el auge de las cámaras analógicas". ElHuffPost (en castelán). 2022-11-18. Consultado o 2022-11-18.
- ↑ "Honorary Degree Recipients, 1851-present" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2014. Consultado o 9 de abril de 2014.
- ↑ [Ligazón morta]
- ↑ "Members Perez" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de febrero de 2012. Consultado o 9 de abril de 2014.
- ↑ "Un gallego, mago del empleo de Obama". Consultado o 9 de abril de 2014.
- ↑ "Un vigués en el Consejo de Empleo de Obama". Consultado o 9 de abril de 2014.