Antonio Formoso Piñeiro

mestre e político galego

Antonio Agustín Formoso Piñeiro, nado en Lira (Carnota) o 16 de febreiro de 1906,[1] foi un mestre e político galego.

Modelo:BiografíaAntonio Formoso Piñeiro
Biografía
Nacemento16 de febreiro de 1906 Editar o valor en Wikidata
Lira, España Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre, político Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsManuel Formoso Piñeiro Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo de Agustín Formoso Lestón. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra, educando ao seu curmán Manuel Formoso Piñeiro. Foi mestre interino da Curra (Carnota) en 1929,[2] en decembro dese ano foi nomeado para o pósito de Boa (Noia),[3] e en xaneiro de 1932 para Lira.[4] Aprobou as oposicións en decembro de 1932,[5] e foi mestre en Gaxate e en maio de 1934 foi destinado a Caldebarcos (Carnota).[6]

Foi presidente das Mocedades Galeguistas de Carnota e pronunciou varias conferencias de exaltación galeguista.[7][8] Foi secretario xeral do Partido Galeguista de Carnota e presentou o mitin de Castelao en Lira. Logo do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro de Carnota e elixido segundo tenente alcalde. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído.[9] Depurado, foi separado definitivamente do servizo causando baixa na escala.[10]

Vida persoal

editar

Casou en Vigo con Elisa Iglesias Piñeiro en decembro de 1934 e tiveron un único fillo en común, Agustín Amadeo Formoso Iglesias.[11]

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 17. 
  2. El Ideal Gallego, 28-6-1929, p. 6.
  3. El Compostelano, 13-12-1929, p. 2.
  4. La Voz de Galicia, 27-1-1932, p. 2.
  5. El Progreso, 17-12-1932, p. 3.
  6. La Voz de Galicia, 8-5-1934, p. 8.
  7. El Pueblo Gallego, 5-11-1932, p. 12.
  8. El Pueblo Gallego, 23-2-1933, p. 14.
  9. La Voz de Galicia, 5-9-1936, p. 5.
  10. El Correo Gallego, 15-5-1940, p. 3.
  11. El Pueblo Gallego, 27-12-1934, p. 3.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar