Antonio Casares Rodríguez
Antonio Jacobo Casares Rodríguez, nado en Monforte de Lemos o 28 de abril de 1812 e finado en Santiago de Compostela o 12 de abril de 1888, foi un químico galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de abril de 1812 Monforte de Lemos, España |
Morte | 12 de abril de 1888 (75 anos) Santiago de Compostela, España |
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela | |
Catedrático de universidade | |
Actividade | |
Ocupación | químico, profesor titular |
Empregador | Universidade de Santiago de Compostela |
Membro de | |
Familia | |
Fillos | Fermín Casares Teijeiro |
Traxectoria
editarSeu pai fora o boticario do convento dos xesuítas e será alí levou a cabo os primeiros estudos de primaria. Estudou a secundaria nos xesuítas de Valladolid[1].
Licenciouse en Filosofía e Farmacia. Gañou a primeira Cátedra de Química Aplicada ás Artes da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago. Foi o primeiro titular da Cátedra de Química na Universidade de Santiago de Compostela; ocupouna a raíz da súa creación polo plan de estudos de 1845, e ata a súa morte no 1888. Foi decano da Facultade de Filosofía (1846), da Facultade de Farmacia (1857) e o primeiro decano da Facultade de Ciencias (1859), e foi reitor dende 1871[1].
Desenvolveu a súa intensa vida científica e académica en Galicia, cara ao ben común da súa terra. Realizou investigación aplicada á industria, a agricultura e a medicina e estudo dos métodos de análise, do que é un dos iniciadores en España. Asemade, foi un dos iniciadores da espectroscopía peninsular. No 1866 aparece o seu Tratado práctico de análisis químico de las aguas minerales y potables.
Vida persoal
editarCasou con Juana Teijeiro Fernández, irmá de Maximino Teijeiro Fernández e foi pai de Fermín Casares Teijeiro.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán). Bibliófilos Gallegos.
- Díaz-Fierros, F.; Fraga, X. A.; Mato, A., eds. (2018). Álbum da ciencia: 30 nomes e as súas achegas. Santiago de Compostela: CCG. ISBN 978-84-92923-94-6.
- Losada Sanmartín, María Luisa (2014). Antonio Casares Rodríguez. Químico, médico e farmacéutico. Sarria: Ouvirmos. ISBN 978-84-941053-3-3.
- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
Ligazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antonio Casares Rodríguez |
- Suay-Matallana, Ignacio (2014). "Los públicos del Tratado y el Manual de Química General de Antonio Casares (1812-1888)" (en castelán)
- Na Universidade de Santiago de Compostela (en castelán).
- "El gran científico Antonio Casares nació en Monforte hace 190 años" La Voz de Galicia (en castelán).
- "Monforte conmemorará con numerosas actividades el bicentenario del científico Antonio Casares" La Voz de Galicia (en castelán).
- "La Real Academia Galega de Ciencias homenajeará al químico Antonio Casares en el Día do Científico Galego" (en castelán).
Predecesor: Casimiro Torre Castro |
Reitor da Universidade de Santiago 1871 |
Sucesor: Casimiro Torre Castro |
Predecesor: Casimiro Torre Castro |
Reitor da Universidade de Santiago 1872 - 1888 |
Sucesor: Gerardo Jeremías Devesa |