Antonio Bouza
Antonio Bouza Pazos, nado en Carballo o 3 de agosto de 1935, é un exfutbolista galego, que xogaba de extremo esquerdo.
Nome orixinal | Antonio Bouza Pazos |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 3 de agosto de 1935 ![]() Carballo, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | futbolista, profesor mercantil ![]() |
Deporte | fútbol ![]() |
Posición de xogo | Extremo esquerdo |
Traxectoria
editarAínda que naceu en Carballo, sendo neno instalouse con súa nai no barrio de Monte Alto da Coruña, despois de que seu pai, un antigo xogador do Deportivo da Coruña, marchase á guerra civil.[1]
Comezou a xogar ao fútbol con varios rapaces do seu barrio, entre eles Luis Suárez, cos que formou o equipo Perseverancia.[2] A chegada de Alejandro Scopelli ao banco do Deportivo da Coruña fixo que o club potenciase a súa canteira, ingresando nese momento no club branquiazul tanto Bouza como Suárez. Posteriormente pasou ao Fabril, co que gañou o Campionato Galego de Afeccionados en 1953.[3]
O 30 de outubro de 1954 debutou na Primeira División co Deportivo da Coruña, da man do adestrador Eduardo Toba, nun encontro contra o Las Palmas no Estadio Insular. Xogou só outro encontro co Deportivo, fronte á Real Sociedad en Riazor. Na tempada seguinte militou no Racing de Ferrol, na Segunda División, e a continuación volveu ao Fabril.
Fóra do fútbol tivo numerosos empregos e en 1954 fíxose profesor mercantil.[2]
Notas
editar- ↑ Rodríguez, Melissa (25 de xullo de 2018). "«O meu neto díxome que practicara con el o saque, non vaia escorrer»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 23 de abril de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 Varela, Pablo (7 de maio de 2013). "Los inseparables de Santo Tomás" (en castelán). Consultado o 23 de abril de 2021.
- ↑ "El Fabril campeón gallego de aficionados". La Noche (en castelán). 23 de novembro de 1953. p. 2. Consultado o 23 de abril de 2021.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).