Antonio Alonso Fontán
Antonio Alonso Fontán, coñecido como Antón Meder, nado en Meder (Salvaterra de Miño) o 5 de marzo de 1931 e finado na mesma parroquia o 8 de abril de 2023, foi un escritor galego en lingua castelá e lingua galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de marzo de 1931 Meder, España |
Morte | 8 de abril de 2023 (92 anos) Meder, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Traxectoria
editarCursou estudos primarios na escola da súa parroquia e completou a súa formación estudando Artes e Oficios no colexio de Tortoreos. Aos vinte anos trasladouse a Vigo. Foi un dos fundadores do Partido Galego do Proletariado e de Galicia Ceibe. Colaborador en diarios, revistas e radio galegas, especialmente en Faro de Vigo, Diario 16, La Voz de Galicia e Diario de Pontevedra, usando ás veces varios pseudónimos. Promoveu a creación do periódico bimensual A Voz do Condado. Foi o creador do Festival da Poesía no Condado en 1980. Participou en numerosos recitais e certames poéticos en Galicia e Portugal, sendo tamén un asiduo conferenciante. Finou en Meder o 8 de abril de 2023.[1]
Obra
editarEnsaio
editar- Apocalipsis en Galicia: sete celulosas sete, 1977, edición do autor, Vigo.
- Hai unha terra loubada, 2010, Ediciones Cardeñoso, Vigo.
Obras colectivas
editarNotas
editar- ↑ "Fallece el poeta Antonio Alonso Fontán a los 92 años en su casa natal de Meder". Faro de Vigo. 9 de abril de 2023.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. p. 22. ISBN 84-8064-113-4.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.