Antonio Alfageme del Busto
Antonio Alfageme del Busto, nado en Vigo o 28 de decembro de 1916 e finado na mesma cidade o 20 de abril de 1974, foi un empresario galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de decembro de 1916 ![]() Vigo, España ![]() |
Morte | 20 de abril de 1974 ![]() Vigo, España ![]() |
Presidente | |
![]() | |
Actividade | |
Ocupación | emprendedor ![]() |
Traxectoria
editarFillo de Hermenegildo Alfageme Fernández e mais de Rita del Busto Fonte, irmán de Braulio, Hermenegildo e Bernardo. Sucedeu á fronte de Conservas Alfageme o seu pai tras a morte deste en febreiro de 1962. Foi presidente da Unión de Fabricantes de Conservas de Galicia e cónsul honorario de Chile.[1] En febreiro de 1958 foi elixido presidente da Federación Española Sindical de Buques de Pesca. Foi presidente da Junta de Obras del Puerto de Vigo (1960-1968). Foi presidente do Real Club Celta de Vigo entre 1958 e 1959.
Apareceu apuñalado o 20 de abril de 1974 na súa oficina de Vigo. Aínda que oficialmente o asasinato foi atribuído a Francisco Rodríguez Rodríguez, o marido da súa presunta amante,[2] algúns investigadores relacionan a súa morte co caso Reace.[3]
Recoñecementos
editar- Grande Oficial da Orde de Bernardo O'Hihhins.
- Cabaleiro da Orde Militar do Templo de Xerusalén.
- Medalla ao Mérito no Traballo (1972).
Vida persoal
editarCasou con Montserrat Fontanals Pujadas, tivo cinco fillas.
Notas
editar- ↑ "El nuevo embajador de Chile en España, llegó ayer a Vigo". El Pueblo Gallego. 26 de setembro de 1959. p. 5.
- ↑ "Sentencia por el homicidio de Antonio Alfageme del Busto". ABC (en castelán). 11 de xuño de 1975.
- ↑ César Lorenzo Gil (4 de novembro de 2014). "Pepe Rei: así naceu o xornalismo de investigación en Galicia". Biosbardia. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2014. Consultado o 11 de novembro de 2014.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Martín, Gerardo (2017). Diccionario de vigueses (1875-1945). Retazos de historia local a través de la vida de más de 1700 personajes. Pontevedra: Deputación Provincial. pp. 23–24. ISBN 978-84-8457-448-4.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- "Adiós a un coloso de la conserva", Faro de Vigo, 21 de novembro de 2010 (en castelán).