Antonina Fernández García

farmacéutica galega
(Redirección desde «Antonina Fernández Armesto»)

Antonina Fernández García-Armesto, coñecida tamén como Antonina Fernández Armesto, nada na Mezquita o 31 de marzo de 1909, foi unha farmacéutica galega.

Modelo:BiografíaAntonina Fernández García
Biografía
Nacemento31 de marzo de 1909 Editar o valor en Wikidata
A Mezquita, España Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfarmacéutica Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJosé Barón Fernández Editar o valor en Wikidata
IrmánsAugusto Assía
Fermín Fernández Armesto Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 4642

Traxectoria

editar

Filla de Ricarda García Armesto e Fermín Fernández Gómez, e irmá de Felipe Fernández Armesto. Filla e neta de farmacéuticos, fixo o bacharelato en Santiago de Compostela,[1] e estudou Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela, rematando en 1932.[2] Foi unha das primeiras mulleres en ter farmacia propia, instalada en Santiago de Compostela. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 exiliouse en México, arribando ao porto de Veracruz no buque Mexique o 27 de xullo de 1939.[3] Retornou a Galicia en 1953 e abriu unha farmacia na Coruña.

Vida persoal

editar

Casou con José Barón Fernández en 1934.

  1. El Eco de Santiago, 30-5-1927, p. 2.
  2. El Pueblo Gallego, 28-1-1932, p. 9.
  3. Ficha na Secretaría de Gobernación. Departamento de Migración de México