Antoine Joseph Jean Solier
Antoine Joseph Jean Solier, nado o 8 de febreiro de 1792 en Marsella e finado o 27 de novembro de 1851 na mesma cidade, foi un naturalista francés, entomólogo e coleccionista de plantas.[1]
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de febreiro de 1792 ![]() Marsella, Francia ![]() |
Morte | 27 de novembro de 1851 ![]() Marsella, Francia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | entomólogo, explorador, botánico, naturalista ![]() |
Membro de | |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Solier ![]() |
Abreviatura do autor en zooloxía | Solier ![]() |
Descrito pola fonte | Biblioteca dixital BEIC ![]() |
Traxectoria
editarCapitán de enxeñeiros do exército francés, fixo coleccións de coleópteros en Francia, Alxeria e a zona mediterránea, así como nunha expedición a Oceanía.
Solier traballou na fauna mundial dos escaravellos, escribindo numerosos traballos científicos sobre os coleópteros.[2]
As súas coleccións, importantes especialmente para a familia dos tenebriónidos, están gardadas no Museo Nacional de Historia Natural de Francia.
Antoine Solier foi membro da Societé Entomologique de France.
Abreviatura en botánica
editarA abreviatura Solier emprégase para recoñecer a Antoine Joseph Jean Solier como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[3]
Abreviatura en zooloxía
editarA abreviatura Solier emprégase para recoñecer a Antoine Joseph Jean Solier como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
editar- ↑ Solier, Antoine Joseph Jean en CERL Thesaurus.
- ↑ Gay, C. (1844): Historia fisica y politica de Chile segun documentos adquiridos en esta republica durante doce años de residencia en ella y publiciada bajo los auspicios del supremo gobierno. Zoologia. Tomo cuarto. Paris, Chile, pp. 105-508.
- ↑ Solier – Antoine Joseph Jean Solier (1792-1851) no IPNI.
Véxase tamén
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Antoine Joseph Jean Solier |