Pica de Blyth
Pica de Blyth | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() No Santuario de Vida Silvestre de Pangolakha en Sikkin Leste, India | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
|
A pica de Blyth[2] (Anthus godlewskii) é un ave paseriforme de mediano tamaño que se reproduce en Mongolia e zonas veciñas da China, Tíbet e India. É unha ave migradora a grandes distancias, que se despraza ás zonas baixas abertas do sur de Asia. No oeste de Europa é unha rara ave vagante e está incluída na lista das aves ibéricas.
É unha pica grande principalmente marrón na parte dorsal e clara na ventral, pero é moi difícil distinguila no chan, pasando desapercibida. É moi similar á pica de Richard (Anthus richardi), pero lixeiramente máis pequena, de patas máis curtas e bico escuro máis curto. O seu voo é potente e directo, e emite unha chamada característica que soa aproximadamente "pshii", de ton máis alto que a que emite a de Richard.
No sur de Asia, en inverno cómpre fixarse moito para distinguila doutras picas grandes que pasan o inverno ou son residentes na área, incluíndo a pica de Richard. A pica de Blyth é insectívora.
Esta ave recibe o seu nome en honra do zoólogo inglés Edward Blyth. O nome do xénero Anthus é a palabra latina para designar un paxaro pequeno das praderías. O adxectivo específico godlewskii fai referencia ao nobre polaco e naturalista de campo Victor Godlewski.[3]
Galería
editar-
Pica de Blyth.
-
Primeira plumaxe invernal.
-
No río Manohara, val de Kathmandú, Nepal.
Notas
editar- ↑ BirdLife International (2016). "Anthus godlewskii" 2016: e.T22718505A94584095. doi:10.2305/IUCN.UK.2016-3.RLTS.T22718505A94584095.en.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres, Reino Unido: Christopher Helm. pp. 49, 175. ISBN 978-1-4081-2501-4.
Véxase tamén
editarIdentificación
editar- Heard, Chris (1995) Unravelling the mystery Birdwatch 41:20-24
- Page, Doug (1997) From the Rarities Committee's files: problems presented by a pale Blyth's Pipit British Birds 90(10):404-409