Antía Muíño
cantautora galega
Antía Muíño, nada en Santiago de Compostela,[1] é unha cantautora e guitarrista galega. O seu estilo vai dende a canción de autor, a música tradicional galega, o jazz ou a bossa nova.[2] En 2020 publicou o seu primeiro sinxelo "Carta Aberta" e dous anos máis tarde o seu primeiro álbum, tamén titulado Carta Aberta.[3][4] As súas cancións suman máis de dous millóns de reproducións só en Spotify.[5][6]
![]() Antía Muíño en concerto con Baiuca en Santiago de Compostela (25-1-2025) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Santiago de Compostela, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cantautora, cantante ![]() |
Xénero artístico | Música tradicional galega, canción de autor e Jazz ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Álbums
editar- Carta Aberta (2022, Raso estudio)
Recoñecementos
editarO 5 de outubro de 2022 foi galardoada na IX edición dos Premios Martín Códax da Música como mellor Artista Emerxente.[7]
Con Carta Aberta, converteuse en embaixadora de EQUAL España para Spotify, estando presente no billboard de Times Square en Nova York.[8]
Notas
editar- ↑ "Coñece á santiaguesa Antía Muíño, a artista máis destacada do Estado español por #Spotify por diante de Tanxugueiras, Chanel, Nathy Peluso ou Bad Gyal". fabebook.com. Consultado o 14 de decembro de 2024.
- ↑ "Antía Muíño". gipuzkoa.eus. Consultado o 14 de decembro de 2024.
- ↑ Veiga, Laura (2 de decembro de 2022). "Antía Muíño: "A xente conecta coas revisións da música tradicional porque as recoñecen e emocionan"". Nós Diario. Consultado o 14 de decembro de 2024.
- ↑ "Antía Muíño". aie.es. Consultado o 14 de decembro de 2024.
- ↑ Branco, Elvira (14 de decembro de 2022). "Antía Muíño lidera a listaxe de mulleres músicas de 'Spotify' no Estado". Nós Diario. Consultado o 14 de decembro de 2024.
- ↑ "Antía Muíño "Carta Aberta"". condeduquemadrid.es. Consultado o 14 de decembro de 2024.
- ↑ "A novena edición dos Premios Martín Códax da Música celebra a fin da pandemia con reivindicacións". Pontevedra Viva. Consultado o 6 de outubro de 2022.
- ↑ "Antía Muíño, abrazos acústicos". metalmagazine.eu. Consultado o 14 de decembro de 2024.