Anselmo Feijoo Montenegro
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Anselmo Feijoo Montenegro, nado no século XVII en Casdemiro (O Pereiro de Aguiar), foi un militar e escritor galego dos Séculos Escuros. As composicións máis coñecidas a el atribuídas son "Prantos da ninfa Zigalia" e "E vós non vedes a teima?".
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XVII O Pereiro de Aguiar, España |
Morte | século XVIII |
Actividade | |
Ocupación | militar |
Familia | |
Irmáns | Benito Xerónimo Feijoo e Montenegro |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Enciclopedia Galega Universal Diccionario enciclopédico galego universal |
Traxectoria
editarAnselmo Feijoo Montenegro viviu durante a época dos Séculos Escuros, na cal a produción literaria en galego era moi escasa e non saíron á luz un gran número de obras literarias. Algunhas das súas obras foron publicadas como é o caso das súas quintillas "Llanto de la flota por una ninfa gallega" ou E vos non vedes a teima?.[1] A primeira, tamén coñecida como "Prantos da ninfa Zigalia",[2] foi a súa obra mais relevante. Anselmo lla mandou ao seu irmán, Benito Jerónimo Feijoo Montenegro, para que a revisase e a corrixise.[Cómpre referencia] Isto ocasionou que se lle atribuíse ao maior dos irmáns a autoría desta obra. Aínda así, máis alá do estrito valor literario ou testemuñal para a historia da cultura galega, os textos escritos en galego durante os Séculos Escuros deste personaxe teñen unha importancia extraordinaria para poder reconstruír sobre datos fiables a evolución lingüística do galego durante ese longo período de máis de trescentos anos.
Obra
editarPrantos da ninfa Zigalia: Este poema publicado en 1702 foi obxecto de moitas investigacións e estudos xa que primeiramente non se soubo con precisión a autoría da obra. Logo disto e tras moito traballo chegouse á conclusión de que fora escrito por Anselmo Feijoo Montenegro, e que logo llo enviou a seu irmán Benito Xerónimo Feijoo Montenegro para que este llo corrixira.[Cómpre referencia] Deste modo o poema apareceu nos manuscritos de Benito. O poema foi conservado con dúas versións, ámbalas dúas en castelán. Unha delas ten un título no que se fala dunha ninfa identificada cun nome propio, “Zigalia”, e outra versión na que se caracteriza a esta ninfa cun xentilicio, pero non está determinada de por si. O tema do poema é o fracaso da frota da prata na batalla de Rande, en outubro de 1702, no contexto da Guerra de Sucesión Española, que enfronta os partidarios de Filipe V de España) e os partidarios de arquiduque Carlos de Austria. O poema disponse en 15 quintillas octosilábicas nas que a rima consonante segue o esquema abaab.
E vós non vedes a teima?: Este poema, incluído en Sagradas flores del Parnasso,[3] componse de 5 estrofas de 10 versos octosílabos, a estrutura da rima é: abbaaccddc (repetida en todas as estrofas). Podería dicirse que pertence ao xénero da poesía culta, dentro dos Séculos Escuros. Neste poema faise referencia a unha anécdota protagonizada polo rei Filipe V e a súa dona Isabel de Farnesio en 1722, cando baixaron do seu coche para montar nel a un crego que ía levar o viático; con tal motivo a Gazeta de Madrid espallou por toda España a invitación a glosala, que foi aceptada por un bo número de poetas, e entre eles os irmáns Anselmo e Plácido Feijoo.
Curioso romance en lengua gallega (hoxe perdido). Seguramente escribise máis obras na súa vida, mais dada a época literaria na que viviu non se puideron recuperar nin transcribir para a posteridade. Do mesmo xeito tamén hai posibilidades de que algunhas das súas obras as publicase seu irmán Benito Xerónimo xa que Anselmo adoitaba enviarlle os seus poemas para que este llos corrixise.
Notas
editar- ↑ E vós non vedes a teima? Corpus dixital de textos galegos da Idade Moderna.
- ↑ "Prantos da ninfa Zigalia" Corpus dixital de textos galegos da Idade Moderna.
- ↑ Bazàn Benavides, Alvaro (1723). Juan de Ariztia, ed. Sagradas flores del Parnasso, consonancias metricas de la bien templada lyra de Apolo. Madrid.
Véxase tamén
editarBibliografía
editarA Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Anselmo Feijoo Montenegro |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anselmo Feijoo Montenegro |
- Álvarez, Rosario e Millán, F. "O «Pranto da frota, por unha ninfa galega» (c. 1702). Tradición manuscrita, autoría, edición e estudo" CES.XVIII, n. 26 (2016), p. 233-270.
- Álvarez Blanco, Rosario (2020). "Os textos en lingua galega dos "Ocios poéticos" do Padre Feijóo" (PDF). Calen barbas, falen cartas: A escrita en galego na Idade Moderna. USC. pp. 441–464. ISBN 9788417802172.
- Ferreiro Fernández, Manuel (2005). "Feijoo Montenegro, Anselmo". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Gómez Sánchez, Anxo; Queixas, Mercedes (2001). Historia xeral da literatura galega. A Nosa Terra. pp. 87–88. ISBN 84-95350-79-3. Arquivado dende o orixinal o 02/07/2017. Consultado o 17/04/2019.
- Rodríguez Iglesias, F. (ed.): Galicia. Literatura. A Coruña, Hércules, 2000-. Vol. 31 (os séculos escuros. O século XIX) [cómpre nº de páxina]
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 200-201. ISBN 84-8288-019-5.
- VVAA: Historia da Literatura Galega. Vigo, Asociación Socio-Pedagóxica Galega, 1996 (5 vols.) [cómpre nº de páxina]
- VVAA (1999-2002). Enciclopedia Galega Universal 9. Ir Indo. p. 58. ISBN 84-7680-288-9.
- VVAA (2003-2004). "Feijoo Montenegro, Anselmo". Diccionario enciclopédico galego universal 27. La Voz de Galicia. p. 40. ISBN 84-7680-429-6.
- VVAA (2006). "Feixoo y Montenegro, Anselmo". Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. p. 887. ISBN 978-84-8288-942-9.
- VVAA (2010-2011). "Feijoo Montenegro, Anselmo". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. p. 45.