Anotacións sobre literatura e filosofía
Anotacións sobre literatura e filosofía é unha publicación sen periodicidade fixa editada por Euseino? Editores (Vigo) desde 2013. Difúndese en acceso aberto e formato PDF. A cabeceira da revista ten a súa orixe no subtítulo da Web da editorial. Dedicada ao pensamento e ao ensaio, a revista publica artigos de autores e autoras galegos, traducións e entrevistas con pensadores contemporáneos. A súa finalidade é incitar ao pensamento e á escritura sobre filosofía e literatura.
Anotacións sobre literatura e filosofía | |
---|---|
![]() | |
País | España |
Lugar | Vigo |
Lingua | lingua galega |
Fundación | 2013 |
Editorial | Euseino? Editores |
Circulación | |
ISSN | 2340-8537 |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Con máis de vinte números publicados, Anotacións sobre literatura e filosofía, cuxa editora é Beatriz Fraga, inclúe ensaios de autores coma Roberto Abuín, Giorgio Agamben, Brais Arribas, Rebeca Baceiredo, Tristan García, Graham Harman, Carlos Lema, Xosé Monteagudo, Inma Otero Varela, Chus Pato, Miguel Penas e Abraham Rubín.