Anna Lindh
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2018.) |
Anna Lindh, nada o 19 de xuño de 1957 e finada o 11 de setembro de 2003, foi unha destacada política socialdemócrata en Suecia, onde chegou a ocupar o cargo de Ministro ata a súa tráxica morte no outono de 2003.
Traxectoria
editarLindh naceu en Enskede (Estocolmo, Suecia). Ós 20 anos ingresou ó Partido Socialdemócrata de Suecia onde desenvolveu unha brillante carreira. Foi Ministra de Medio Ambiente en 1994 e dende 1998 ocupou o Ministerio de Relacións Exteriores. De tendencia proeuropea, Lindh promoveu a adopción do euro como moeda oficial no seu país. En plena campaña, o 10 de setembro de 2003, foi apuñalada nos almacéns NK en Estocolmo, e como consecuencia disto faleceu na madrugada do 11 de setembro.
Por respecto á súa memoria, tódolos partidos do país acordaron suspender temporalmente a campaña do referendo que finalmente tivo lugar días máis tarde e deu a vitoria ó campo do non. A súa morte conmoveu o país e trouxo recordos do asasinato de Olof Palme, o primeiro ministro sueco asasinado en 1986 e quen tamén se opoñía a ser escoltado por gardacostas.