Ankuwa
Ankuwa foi unha cidade ao nordeste de Hattusa, preto do país dos kaskas e nunha zona poboada por estes, onde Mursilis pasou o inverno despois da súa segunda campaña (terceiro ano de reinado) na que loitou contra os kaskas de Ishupitta, dirixidos por Pazzanna e Nunnuta, aos que derrotou nesta cidade, e en Palhwisa (Palhwišša) e finalmente capturou en Kammamma. O lugar actual ao que corresponde a vella Ankuwa xera certa polémica. Para R. L. Gorny estaría na actual Alışar Höyük, M. Popko propón Eskiyapar, 10 km ao suroeste de Alaca Höyük.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Textos que fan mención de Ankuwa
editarNas seguintes taboíñas hititas aparece o nome desta cidade:
- KBo 10.24 reverso.
- KBo 30.155.
- KUB 20.25 + 10.78.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Maciej Popko: Zippalanda and Ankuwa once more. Journal of the American Oriental Society 120/3, 2000, 445-448.