Angela K. Wilson
Angela K. Wilson é unha química, teórica e computacional estadounidense. É catedrática distinguida John A. Hannah de química na Universidade do estado de Míchigan .[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1967 ![]() |
Educación | Universidade de Minnesota (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Química computacional (pt) ![]() ![]() |
Ocupación | química, profesora universitaria, editora colaboradora ![]() |
Empregador | Universidade Estatal de Míchigan ![]() |
Membro de | |
Premios | |
En 2021 foi elixida presidenta da Sociedade Americana de Química (ACS polas siglas en inglés) polos membros da ACS.[2]
Traxectoria
editarEn 1990 recibiu a súa licenciatura en Ciencias pola Eastern Washington University e o seu doutoramento pola Universidade de Minnesota en 1995. Traballou como bolseira posdoutoral no Pacific Northwest National Laboratory de 1995 a 1997. Anteriormente exerceu como Vicepresidenta Provincial Asociada na facultade da Universidade do Norte de Texas antes de unirse á Universidade Estatal de Míchigan en 2016.[3] Foi directora da División de Química da National Science Foundation de 2016 a 2018.[Cómpre referencia]
É editora de Theoretical and Computational Chemistry, membro do comité asesor editorial de Scientific Reports e membro dos consellos asesores editoriais do Journal of Physical Chemistry e do International Journal of Quantum Chemistry.[Cómpre referencia]
Editou catro libros, entre eles Pioneers of Quantum Chemistry. [4]
Premios e recoñecementos
editar- Premio NSF CAREER, 2003. [5][6]
- Distinguished Women in Chemistry or Chemical Engineering, International Union of Pure and Applied Chemistry, 2013. [7]
- Medalla Garvan-Olin, 2015. [8]
- Salón da fama das mulleres de Míchigan, 2018.[Cómpre referencia]
Notas
editar- ↑ "The Wilson Research Group: People". www2.chemistry.msu.edu. Consultado o 20 de marzo de 2016.
- ↑ "Angela K. Wilson elegida presidenta de ACS en 2021". cen.acs.org. Consultado o 11 de novembro de 2022.
- ↑ "Angela K. Wilson - Department of Chemistry". www.chemistry.msu.edu. Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2016. Consultado o 20 de marzo de 2016.
- ↑ "Pioneers of Quantum Chemistry". ACS Symposium Series eBooks. 2013.
- ↑ "ACS Award #0239555". www.nsf.gov. Consultado o 18 de agosto de 2009.
- ↑ "University of North Texas Faculty Profiles". Arquivado dende o orixinal o 25 de octubre de 2015. Consultado o 5 de agosto de 2015.
- ↑ "IUPAC - International Union of Pure and Applied Chemistry: Awardees of the IUPAC 2013 Distinguished Women in Chemistry or Chemical Engineering". www.iupac.org. Consultado o 20 de marzo de 2016.
- ↑ "2015 National Award Recipients". American Chemical Society. Consultado o 20 de marzo de 2016.